Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A ordenanza coa eliminación da licenza previa para actividades e obras conta con aprobación inicial en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-urbanismoAínda que contou con reparos do arquitecto municipal a nova ordenanza reguladora para o inicio de actividades económicas e apertura de obras xa ten aprobación inicial en Gondomar. O regulamento adaptará os procedementos na materia ao establecido na Lei 9/2013, do Emprendemento e da Competitividade  que estableceu un réxime xurídico único para toda Galicia, eliminando a licenza municipal de apertura previa á instalación e ao inicio da actividade (licenzas de actividade ou instalación e de apertura ou funcionamento). Trala súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra, abrirase un período de información pública así como para presentar suxestións e alegacións.

O Concello de Gondomar manifestará á Xunta o seu desacordo co novo mapa sanitario do #SERGAS.

Correo-e Imprimir PDF

Feijoo nun acto do SERGASA iniciativa do PSOE, Pleno do Concello de Gondomar resolve "instar" á Xunta de Galicia a dotar a Área Metropolitana de Vigo (a máis poboada de Galicia), con infraestruturas e servizos sanitarios "satisfactorios". O acordo nace como resposta á instrución 7/2013, que entrou en vigor o 15 de setembro de 2013 e que entre outros prexuízos, deixa o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) con só catro referencias únicas, é dicir, técnicas que solo se practican neste hospital. Entrementres, A Coruña conserva once referencias únicas e Santiago, dez.

#Gondomar aproba un plan de actuación para dotar espazos con acceso libre a Internet e ordenadores.

Correo-e Imprimir PDF

-A iniciativa de ANOVA o pleno de Gondomar aprobou por unanimidade un acordo que pretende combater a "pobreza enerxética", dotando espazos públicos estratéxicos con acceso gratuíto a Internet e ferramentas informáticas. A iniciativa oriéntase fundamentalmente a facilitar as mesmas a estudantes do concello.

Antonio Araújo (ANOVA): “Señor Fernando Guitán, rógolle que dimita!”. Pleno de #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar marzoO curtocircuíto entre o goberno en minoría (PP-CDL) e a oposición en Gondomar agravouse trala solicitude de dimisión ao alcalde Fernando Guitián presentada no apartado de Rogos e preguntas polo portavoz de ANOVA, Antonio Araújo. Na mesma sesión o portavoz socialista Paco Ferreira sacou adiante unha moción que obrigará a Guitán a comparecer no vindeiro mes de abril ante o pleno. Ambos feitos fundamentáronse na recente imputación xudicial do rexedor por un presunto caso de prevaricación administrativa en relación á adxudicación do servizo de conservación de zonas verdes do concello á empresa Jarma S.L.,  sen concurso público previo. A empresa pertencería ao fillo dun vogal da xestora do PP local.

Neste clima transcorreu a sesión plenaria do pasado xoves onde a oposición tamén botoulle abaixo ao goberno unha modificación de crédito de 53.000€ para complementar o orzamento das obras do auditorio municipal Lois Tobío.

A xustiza anula un complemento salarial de 9 mil euros anuais do arquitecto municipal de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarA xustiza dá a razón a 40 traballadores do Concello de Gondomar que recorreron unha modificación da relación de postos de traballo aprobada en 2010 que beneficiaba cun aumento de soldo de 9.000 euros anuais ao arquitecto municipal. Aprobada por acordo plenario durante o goberno de Martín Urgal (PP), a modificación foi considerada un "agravio comparativo" por parte do resto da plantilla que decidiu recorrer a resolución pois o aumento non se correspondía con ningunha variación das funcións do técnico. O xulgado número 2 de Vigo acaba de ditar unha sentenza anulatoria do acordo plenario por considerar que o aumento salarial non tiña ningunha xustificación obxectiva segundo da conta nesta xornada "La Voz de Galicia".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL