Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A 5 anos de rematada a última adxudicación, licítase a conservación de espazos verdes en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

a-feiraCun orzamento base de case 80 mil euros anuais, o Concello de Gondomar convocou un procedemento aberto para presentar ofertas cara a adxudicación do servizo de mantemento e conservación das zonas verdes, arborado e xardíns públicos do municipio. A convocatoria ten lugar 5 anos despois de rematada a última adxudicación, que dende 2009 fixo que o servizo se cumprira con varias empresas contratadas de xeito directo pola administración.

Probas físicas proceso selección auxiliar policía local Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
policia-gondomarO Concello de Gondomar infórma da convocatoria das probas físicas para optar ás tres prazas de auxiliar de Policía Local. Os interesados/as deberán acudir o próximo xoves ao Concello gondomareño ás 08.00 horas para medir a súa estatura e ás 09.30 horas deberán desprazarse ata as instalacións deportivas do Campus Universitario de Vigo.
 
A convocatoria das probas publicarase na páxina web e no tablón do Concello.

Detido un veciño de Gondomar por agredir ao mozo da súa exparella en Canido

Correo-e Imprimir PDF

policia-gondomarAxentes da Policía Local de Vigo, en colaboración coa de Gondomar, detiveron un home de 38 anos por supostamente golpear o noivo da súa exparella e ameazar a esta. Os feitos tiveron lugar na tarde do domingo, cando unha dotación del 092 achegouse ata a praia de Fuchiños (Canido), alertada de que se estaba producindo unha agresión, segundo detallan varias axencias.

Eladio Costas advirte que o PXOM de Gondomar deixará 11 vivendas de Borrerios fóra da ordenación.

Correo-e Imprimir PDF

eladioGondomar ten un regato que descorre por unha estrada. Polo menos así sucede nun tramo de 230 metros na versión 2014 dos planos do PXOM de Gondomar que desprazaron a canle do regato da Grova uns 500 metros ao seu paso polo núcleo rural de Borreiros. O edil non adscrito Eladio Costas tras revisar e comparar a versión 2012 da cartografía coa recentemente entregada pola empresa Eptisa, denuncia que esta desviación traza agora un "caprichoso límite de edificación" que deixa agora 11 vivendas fóra da ordenación urbanística a pesar de non atoparse ao borde de ningunha canle.

Attachments:
File
Download this file (Cartografias 2012 - 2014.pdf)Cartografía 2012 - 2014

#Gondomar: Presentan 4900 sinaturas ante o Concello rexeitando ás bandexas plásticas nos comedores escolares.

Correo-e Imprimir PDF

pais-soutodonasUn grupo de pais e nais do CEIP Souto-Donas entregaron este mediodía 4.900 sinaturas recollidas na campaña contra a utilización de bandexas plásticas nos comedores escolares. Tras o acto de entrega, mantiveron unha reunión coa concelleira Patricia Durán, responsable dos comedores escolares de Gondomar, quen comprometeuse a buscar alternativas no vindeira convocatoria de servizos de catering, comentaron os pais a VM.info . Unha posible estratexia sería premiar na licitación ás empresas que presenten outros materias substitutivos,  caso das vaixelas de vidro atemperado ou de louza.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL