Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Preocupación polo estado dos petróglifos da estación III de Agua da Laxe tras unha tala en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

aguadalaxe3Unha imaxe desoladora ofrece a Estación III de Auga da Laxe trala práctica dunha tala de árbores no entorno da súa zona protección. Un eucalipto xacía ata este xoves ocupando parte dos petróglifos e unha morea de polas espallábanse na súa superficie e no perímetro de protección deste ben patrimonial pertencente a un dos complexos arqueolóxicos máis importantes de Galicia.

Polémica pola utilización de bandexas plásticas no comedor escolar do CEIP Souto Donas de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Os pais propoñen pagar as bandexas de inox para eliminar o uso da bandexa de plásticoO biólogo César Lema Costa, pai dunha das alumnas, argumenta que a Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou unha serie de graves advertencias sobre doenzas produto da utilización das mesmas.
Un grupo de pais presentaron un escrito ao Concello de Gondomar coa proposta de substituírllas por outras de aceiro inoxidable que as propias familias achegarían, máis denuncian que a administración prohibiulles o troco.

As familias anuncian que a pesar da negativa presentaranse o luns seguinte á Semana Santa coas bandexas de aceiro inoxidable á hora do xantar do seus fillos.

ANOVA : A demora na adecuación catastral de #Gondomar sigue a prexudicar aos veciños no pago do IBI.

Correo-e Imprimir PDF

gondo-centro-Acusan ao goberno municipal de “non querer facela” aínda que a Dirección de Castro xa remitiu a inicios de febreiro dúas propostas á administración local.

-ANOVA xa reclamara ao Concello facilitar documentación aos veciños que están a pagar contribucións (IBI) “inxustas” pola falla de actualización catastral que sofre Gondomar.

-O Concello de Gondomar deberá optar por unha revisión total das valoracións catastrais ou dar de baixa as propiedades fóra da delimitación de solo de natureza urbana para adecuarse á realidade urbanística actual, segundo propón a Dirección Xeral de Catastro.

ANOVA denuncia a parálise do PXOM de #Gondomar por falla de recursos para pagar ao equipo redactor.

Correo-e Imprimir PDF

gondo-centro-Os nacionalistas afirman ter información que acredita que o actual goberno municipal perdeu parte da subvención concedida pola Xunta de Galicia no ano 2008, e que en consecuencia fallan recursos económicos para pagar os traballos á empresa redactora do PXOM.

-Por outra banda, ANOVA acusa ao responsable de Urbanismo municipal por “vender fume”, ao anunciar a concesión de 100 licenzas no 2013, cando só 7 responden a vivendas de nova construcións e o resto son “obras menores dunha tramitación practicamente administrativa e con escasa repercusión económica para o Concello”.

#Gondomar EU inicia unha campaña de visibilización e información da diversidade sexual no eido rural.

Correo-e Imprimir PDF

Depositphotos 24877393 xsBaixo o lema “Na túa vila tamén se entende, faite ver”, a agrupación local de Esquerda Unida inicia unha campaña a prol da visibilización e respecto pola diversidade sexual no concello de Gondomar. A primeira actividade terá lugar este venres 14 de marzo ás 20 horas no Centro Neural da vila e contará coa presenza da sindicalista e activista trans Laura Bugalho.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL