Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Polémica pola utilización de bandexas plásticas no comedor escolar do CEIP Souto Donas de #Gondomar.

Polémica pola utilización de bandexas plásticas no comedor escolar do CEIP Souto Donas de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Os pais propoñen pagar as bandexas de inox para eliminar o uso da bandexa de plástico

O biólogo César Lema Costa, pai dunha das alumnas, argumenta que a Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou unha serie de graves advertencias sobre doenzas produto da utilización das mesmas.
Un grupo de pais presentaron un escrito ao Concello de Gondomar coa proposta de substituírllas por outras de aceiro inoxidable que as propias familias achegarían, máis denuncian que a administración prohibiulles o troco.

As familias anuncian que a pesar da negativa presentaranse o luns seguinte á Semana Santa coas bandexas de aceiro inoxidable á hora do xantar do seus fillos.

No comedor do CEIP Souto Donas de Gondomar o servizo de catering Ruta Jacobea sirve a comida a cada neno "directamente sobre una bandeja de plástico de cinco compartimentos", advirte o biólogo César Lema. Sinala que en febreiro de 2012 un informe do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) e a Organización Mundial da Saúde (OMS) acerca do estado dos coñecementos científicos sobre as sustancias químicas que perturban a función endócrina (State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals), se conclúe que "muchas sustancias químicas sintéticas (la mayoría procedente de los plásticos) cuyos efectos sobre el sistema hormonal todavía están por investigar podrían tener importantes repercusiones en la salud".

Agrega que estas substancias se denominan disruptores endócrinos e que as investigacións científicas as relacionan con doenzas como a "puberdade precoz, infertilidade, cáncer de mama, cáncer de próstata e testículos, diminución da calidade do seme, obesidade, diabetes, cáncer de tiroides, problemas cardiovasculares, perturbacións do desenvolvemento neurolóxico e alteracións na conduta tales como trastorno de déficit de atención e hiperactividade, autismo, así como enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson".

Relata o biólogo que por mos disto decidiu escribir unha carta con esta información ao director do cole, a ANPA, o xerente da empresa de catering e ao alcalde de Gondomar, "ya que es el que gestiona el comedor"; pedíndolles que ante tales "incertidumbres tuvieran a bien aplicar el principio de precaución cambiando las bandejas del comedor por la tradicional loza".

Seguidamente, reuníronse un grupo de nais e pais preocupados e instaron a que a empresa e o Concello deran unha resposta. "La respuesta fue que no iban a cambiar las bandejas y que la loza es un peligro porque los niños se podían cortar (aunque haya comedores escolares que sirven en loza). Así que le ofrecimos la posibilidad menos mala, la de cambiar las bandejas de plástico por acero inoxidable. La respuesta fue la misma", denuncian.
Finalmente os pais decidiron que eles mesmos mercarían as devanditas bandexas e comunicáronllo á empresa e mais á concelleira de Educación de Gondomar, Paula Bozos. Segundo os denunciantes, a resposta da concelleira foi que as bandexas de plástico cumpren os requisitos de Sanidade e "que no se nos ocurriera llevar las bandejas de acero inox al comedor".
Segundo a mesma fonte a empresa tamén deu orden ás coidadoras do comedor para que non sirvan a comida nas bandexas de aceiro, a pesar que os pais ofreceron que cada neno levara a súa casa as mesmas para limparllas. Pero "aún así no hay manera", quéixase Lema.

A pesar das negativas as familias anuncian que farán un encargo de bandexas de aceiro inoxidable "con todas las garantías de sanidad". A súa intención e presentarse o luns seguinte á Semana Santa no comedor para que os seus fillo "puedan comer en algo más saludable".