Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A pé dos centros e por Internet se recollen firmas en contra do uso das bandexas plásticas no ensino de Gondomar.

A pé dos centros e por Internet se recollen firmas en contra do uso das bandexas plásticas no ensino de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
bandexas-plasticas-iem

Os pais e nais do CEIP Souto Donas mobilizados en rexeitamento do uso de bandexas plásticas nos comedores escolares están a recoller firmas. Queren chegar ás 1000 sinaturas para así presentalas no Concello de Gondomar antes de que se abra o concurso para contratar o novo catering que atenderá aos escolares do municipio. Para iso piden a colaboración da cidadanía para que acompañen a campaña en change.org e informan que tamén estarán a pé dos coles de todo o Val Miñor con papeletas nas que tamén pódese asinar.

Ao mesmo tempo, abriron unha enquisa no blog do colectivo co xeito de coñecer en que materiais serven a comida nos distintos centros de ensino do país co obxectivo de abrir a campaña en contra das bandexas plásticas en toda Galicia.