Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O cadaver descuartizado aparecido en Ponteareas podería ser dun veciño de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Fachada do edificio onde apareceu o cadáverSegundo varias axencias o corpo que apareceu troceado nun conxelador en Ponteareas podería pertencer ao narco venezolano José Jesús Isasis González, residente en Gondomar.

Está a exposición pública o censo municipal que regulará o pago da taxa do lixo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

lixo-gondomar-condeA Deputación de Pontevedra entregou o novo padrón que estipulará o que cada veciño de Gondomar deberá pagar por concepto da taxa do lixo. A medida forma parte do proceso de recuperación da mesma que o bipartito PP-CDL emprendeu en 2012 tras trece anos sen cobrala, cando o ex alcalde Carlos Silva a eliminara. Entre os días 12 de xuño ao 13 de setembro estará a exposición pública. O horario será de mañá, de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas e pola tarde, os martes e xoves, de 15.30 a 18.30 horas no Centro Neural para que cada interesado poda realizar as consultas ou reclamacións pertinentes.

O voto ponderado do alcalde permite sacar adiante as propostas do goberno no pleno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pleno-05-06-2014A aprobación definitiva das ordenanzas fiscais, o plan económico financeiro (2014-2015) e mais a autorización da corporación para pagar máis de 100 mil euros en facturas atrasadas a provedores, foi o que conseguiu  sacar adiante o bipartito (PP-CDL) nun pleno onde enfrontaba en minoría á oposición en bloque. A ausencia por problemas de saúde do edil Pauliño del Río (non adscrito), deixou ao goberno e oposición con 8 concelleiros cada un. Polo que o voto ponderado do rexedor Fernando Guitián, inclinou a balanza a favor das iniciativas do goberno.

Paco Ferreira e Antonio Araújo enfróntanse no pleno de Gondomar e nas redes

Correo-e Imprimir PDF

pleno-plasticoUn duro enfrontamento viviuse este xoves no pleno de Gondomar entre os portavoces Paco Ferreira (PSOE) e Antonio Araújo (Nacionalista non adscrito) cando o socialista afirmou que o goberno en minoría (PP-CDL) estaba a gañar as votacións grazas a unha nova ausencia do edil nacionalista Pauliño del Río a unha sesión. A resposta de Araújo foi dura e contundente e reproboulle a Ferreira a súa actitude, sabendo que del Río estaba sendo atendido nese intre por unha emerxencia médica.

#Gondomar: Os refachos provocan a caída dunha rama que corta o paso peonil na Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

CAM00074Por mor dos refachos deste xoves unha rama de abundante follaxe está a obstruír a pasaxe peonil na Ponte de Rosas . O incidente está a provocar inconvenientes aos viandantes que utilizan este transitado paseo polo río Miñor que une a Paradela (centro da vila) coa zona de Campo da Feira e as parroquias de Mañufe e Vilaza. Sendo a única ponte que cruza o río a esa altura, as persoas que non atopan aviso algún cando emprenden o percorrido polo paseo deben dar a volta no medio da treboada e circunvalar pola Avenida Elduayen cara á Avenida Campo da Feira.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL