Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

#Gondomar abre liña de axudas para materiais de educación infantil cara o curso 2014-2015.

Correo-e Imprimir PDF

mater.escolarO Concello de Gondomar abre o prazo de presentación de solicitudes de Emerxencia Social para a adquisición de material escolar de Educación Infantil para o curso 2014-2015. As familias interesadas poden recoller e presentar as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello ata o 16 de xuño preferentemente
Estas axudas deberán solicitarse de acordo cos requisitos establecidos na Ordenanza de Emerxencia Social do Concello, xa que están destinadas a familias con escasos recursos económicos.

O BNG deu comezo á campaña cara ás europeas en Gondomar cun encontro con colectivos sociais.

Correo-e Imprimir PDF

bng gondomar europeasEste mércores tivo lugar, no Centro Neural de Gondomar, un encontro do BNG con distintas entidades sociais do municipio, no que falouse sobre a importancia de ter presenza en Europa e sobre como afectan as decisións que se toman na Unión Europea. No encontro participou Manuel González Moreira, médico de familia, integrante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, e candidato do BNG nas eleccións europeas.

Informe de EU prevé unha parálise urbanística en Gondomar de aprobarse o PXOM sen modificacións.

Correo-e Imprimir PDF

gondo-centro“Sería un grave erro por parte do goberno municipal” a aprobación inicial do PXOM nas condicións actuais, afirma Josué Villar, portavoz de Esquerda Unida Gondomar. Tras un estudo feito da actual redacción advirte que “os cálculos de poboación e vivenda, a arbitraria delimitación dos núcleos rurais, e os contraditorios informes da Xunta de Galicia” fan deste Plan Xeral “unha bomba de reloxería que tarde ou cedo vai estoupar”, con graves prexuízos para os cidadáns.

Un milleiro de persoas marchan pola Serra do Galiñeiro para pedir a súa protección

Correo-e Imprimir PDF

Un milleiro de persoas marcharon polo Galiñeiro pedindo a súa protecciónUn milleiro de persoas marcharon onte na V andaina reivindicativa pola protección da Serra do Galiñeiro como parque natural.

A marcha iniciuse padas las 10:30 dende a parroquia de Erbille, discurrindo pola vertente leste da serra, ascendendo ademais a algúns dos lugares máis prominentes como  a Cova da Becha e o cume de A Garita.

Rexeitan que as crianzas “coman en plástico” e queren facerse oír no pleno de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

bandeja inox plasticoPais contrarios ao uso das bandexas plásticas nos comedores escolares do Val Miñor estarán presentes no pleno de Gondomar do vindeiro luns 12 de maio. Tamén convocan a unha mesa informativa a desenvolverse o mércores 14 coa presenza de pediatras da bisbarra.

Os convocantes desexan “facer oír” o reclamo que partiu da ANPA do CEIP Souto Donas trala negativa da empresa que rexenta o comedor e o Concello de Gondomar de trocar o material plástico dos recipientes. Aínda que os mesmos son considerados legais pola normativa vixente, alertados por informes da Organización Mundial da Saúde, o colectivo entende que deben tomarse medidas preventivas e cambialos por outros de louza ou aceiro inoxidábel.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL