Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Os maiores inauguran un espazo propio na planta baixa das antigas escolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

10525736 10202502302783383 5891435940747553257 nUnha antiga demanda dos maiores de Gondomar tivo este venres un final feliz. Tras anos na procura dun espazo propio onde desenvolver as súas actividades sociais o Concello de Gondomar cedeulles un espazo acondicionado a tal fin na planta baixa das vellas escolas. Coa presenza de asociados e autoridades do Concello, a Asociación Tercera Juventud, o inaugurou este venres cun encontro onde non faltaron os petiscos e albaricoques.

Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca Gondomar 2014 a desenvolverse en Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF

concello-gondomar-lonxeA Ludoteca acollerá a cativos do concello con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Desenvolverase do 17 de xullo ao 15 de setembro no edificio da Unitaria de Vilaza, en horario de 09:00 a 14:30 horas de luns a venres. A programación comprende talleres, manualidades, xogos, deporte, saídas e rutas polo ámbito, con dinámicas de participación e de aprendizaxe colectiva e individual. Os interesados poderán encontrar a solicitude de inscrición no Rexistro Municipal ou descargarllos no portal web do Concello de Gondomar.

A Xunta acometerá a reparación dos aseos e outras obras menores na terminal de autobuses de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar unha serie de obras de mellora de accesibilidade, instalacións da terminal de autobuses de Gondomar. As mesmas consistirán no pintado dunha zona de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, coa súa sinalización e execución de vado. Pintaranse pasos de peóns, cos correspondentes vados peonís, mellorarase a drenaxe da estación e repararanse os aseos, ademais de colocar bancos para a espera, segundo detalla un comunicado emitido este venres pola consellería.

Eladio Costas carga contra a administración local de Gondomar ante un novo revés xudicial.

Correo-e Imprimir PDF

eladioAs relacións na interna do Partido Popular de Gondomar non son as mellores dende o inicio da xestión de Fernando Gutián ao fronte do partido e da alcaldía. Nomeadamente con quen fora seu segundo na lista, o ex tenente de Alcalde Eladio Costas Pereira así como co actual presidente da Entidade Local de Morgadáns, Urbano Esmerode Domínguez, tamén do seu partido. O primeiro abandonou o goberno en marzo de 2013 por discrepancias co rexedor e deixou ao bipartito PP-CDL en minoría no pleno. Os desecontros políticos e administrativos con Urbano Esmerode remataron en máis dunha ocasión nos xulgados. Esta mañá o xornal Faro de Vigo daba a coñecer unha nova sentenza de xustiza que obriga ao Concello de Gondomar a transferir á Entidade Local de Morgadáns o 25% dos impostos recadados na parroquia nos anos 2011 e 2012. Tras coñecerse esta última, agora Eladio Costas volve a cargar e sinala que esta é a “pinga que colma o vaso” e afirma que Guitián e o seu equipo “día a día se fan merecedores da rebaixa do 50% dos seus salarios”, como ten resolto o pleno dende setembro de 2012, medida que o goberno ata de agora non aplicou.

Desinfectan as arquetas e rexistros da Rúa San Bieto en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

desinfeccion-gondomarVeciños desta rúa, puxeron en coñecemento do Concello a existencia de cascudas nesta rúa. Unha vez comprobada a veracidade da existencia destas, realizouse unha desinfección de todas as arquetas e rexistros de ambas as dúas beirarrúas da Rúa San Bieto. O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, afirma que "os traballos foron realizados por unha empresa experta en control de pragas a cal certifica a eficacia do tratamento" e engade, "o mes que vén esta empresa realizará outra inspección na zona e aplicará mais tratamento se fose necesario".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL