Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O xuiz de paz de Baiona falla a favor do preferentista denunciado por inxurias polo alcalde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Momento do enfrontamento entre Xulio Vicente e o alcalde de Gondomar . Imaxe VIA TvA falta tería prescrito unha vez pasados seis meses dende os feitos, sen que se producise ningunha outra resolución xudicial que paralizase a prescripción da falta.

Xulio Vicente, portavoz da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de Novagalicia Banco no Baixo Miño, quedou absolto onte da acusación por unha falta de inxurias contra o actual alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concellala de cultura, Paula Bouzós.

Axilizan o plan sectorial de A Pasaxe evitando sometelo ao procedemento de avaliación ambiental.

Correo-e Imprimir PDF

a-pasaxeA resolución adoptada pola Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia foi dada a coñecer este venres no DOG coa publicación da memoria ambiental da  Modificación do proxecto sectorial da Pasaxe, que afecta os concellos de Gondomar e Vigo. O documento que entre outras disposicións legaliza a situación de tres naves na zona de inundación do río Zamáns, dá por bo un “axuste do estudo hidraulico” do que só esixe quitar a recanalización feita para a instalación dun lavadoiro de coches efectuada anos atrás por a gasolineira Combustibles del Noroeste S.A.  

A decisión de non someter ao procedemento de avaliación ambiental o proxecto sáldase cun breve “sen prexuízo dos informes e autorizacións que sexan preceptivos de conformidade coa normativa sectorial aplicable”. A orden datada o 9 de abril de 2014 ven asinada por Justo de Benito Basanta, secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Denuncian máis desfeitas e desleixo na conservación dos petróglifos da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

Pedra-procesion-xiz-2Petróglifos utilizados de aparcadoiros, talas enriba das estacións arqueolóxicas, espallamento de entullo, falla de sinalización e novos riscados sobre "A Pedra das Procesións" en Agua da Laxe son algunhas das desfeitas denunciadas por Pablo Casal tras unha percorrida didáctica este martes pola Serra do Galiñeiro.

O goberno de #Gondomar fai unha nova entrega da documentación do PXOM á oposición.

Correo-e Imprimir PDF

carlos lameiro-O concelleiro de urbanismo, Carlos Lameiro , anuncia que o documento se fará público na web municipal nos próximos días.

# Gondomar: O BNG reclama a rebaixa do IVE ás perruquerías e apoio ao indulto dos sindicalistas Carlos e Serafín.

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar set 2013-O BNG presenta ao Pleno de Gondomar unha moción reclamando a rebaixa do IVE do 21% ás perruquerías e outra en apoio á petición de indulto para os sindicalistas Carlos e Serafín

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar dúas mocións para o seu tratamento no Pleno do Concello de Gondomar. Por un lado, solicita do Pleno instar á Xunta de Galiza a demandar do goberno do Estado a rebaixa do IVE do 21% que actualmente se aplica ao sector dos salóns de peiteado, debido ás negativas consecuencias, que segundo os nacionalista, xerou a aplicación do Real decreto 20/2012, de 13 de xullo, que provocou o peche de miles de estabelecementos e a perda de miles de postos de traballo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL