Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar anuncia unha redución nun 75% do canon da auga e de vertedura.

Correo-e Imprimir PDF

praza abastoO Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. "Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada", explica o edil.

Fiscalía pide 15 anos de cárcere por intento de asasinato a un veciño de Gondomar na semana santa de 2013.

Correo-e Imprimir PDF

Este luns comparecerán ante a xustiza os dous presuntos autores do ataque con arma de fogo a un veciño de Gondomar ao que feriron de gravidade. Os feitos acontecidos no venres santo de 2013 e tras pescudas da Garda Civil remataron coa detención e prisión preventiva de A.A.B (Portugalete, 29) e D.D.F (Bilbao, 32) . Agora, o fiscal pide 15 anos de cárcere para estes homes aos que acusa de asasinato en grado de tentativa e tenencia ilícita de armas, segundo adianta La Voz de Galicia na edición deste domingo.

Gondomar: O PXOM borra do ordenamento a Praza de abastos, o Xulgado de Paz e 60 vivendas no rural.

Correo-e Imprimir PDF

image galleryImaxinar a vila de Gondomar sen os senlleiros edificios proxectados polo arquitecto José Bar Bóo: a praza de abastos e o actual edificio do Xulgado de Paz. Ou dar un paseo pola beira do Miñor onde xa non se ergue o vello matadoiro municipal. Todo isto pode pasar se a actual redacción do PXOM non é modificada antes da súa aprobación. Todos estes edificios están fóra da actual ordenación urbanística que tramita o Concello de Gondomar coa empresa Eptisa segundo deixa en evidencia un informe elaborado polo concelleiro non adscrito Eladio Costas. A estes tres edificios do equipamento público súmanse catro edificios de vivendas do casco e nada menos que 60 fincas localizadas en núcleos rurais, das cales seis forman parte do Inventario de Elementos Catalogados en Carrasquedo de Abaixo como se pode observar nos mapas elaborados polo ex concelleiro do PP, adxuntos a esta nota.

Todoterreo calcinado nunha finca do lugar de Os Amados (Peitieiros)

Correo-e Imprimir PDF

Un todoterreo ardeu só cando estaba aparcado no xardín dunha casa da parroquia de Peitieiros (Gondomar) e quedou completamente calcinado. O suceso ocorreu sobre ás 8.30 horas no lugar dos Amados, segundo da conta o xornal La Voz de Galicia. As chamas danaron tamén o motor do portalón da finca.

Acto do BNG en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Este luns 19 ás 20:15 h., na Casa da Cultura de Gondomar, vaise celebrar un acto público do BNG en Gondomar que contará coa presenza de Manuela Rodríguez Pumar (Responsábel Local de Acción Municipal do BNG Gondomar), Adrián Bravo (Responsábel Comarcal de Vigo de Galiza Nova) e Isabel Risco (Actriz e candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento europeo).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL