Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A “treboada” deixa varada unha embarcación nos montes da parroquia de Couso.

A “treboada” deixa varada unha embarcación nos montes da parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF
barco-couso-4
barco-couso-1
barco-couso-2
barco-couso-3
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

"Tanto temporal e como consecuencia das crecidas do mar", era a ironía coa que os veciños da parroquia de Couso (Gondomar) tentaban explicar este martes o achado dunha embarcación no medio do seu monte comunal. Cos sinais de identificación totalmente borrados, a nave foi transportada e abandonada en medio dun arboredo por mans anónimas. Traballadores da empresa encargada de retirar árbores caídas polas treboadas dos últimos días foron os autores deste achado que xa algúns con humor queren "reciclar" cara o Entroido da parroquia.

Consultado sobre a posibilidade de identificar ao propietario da nave, o presidente da Mancomunidade de Montes de Couso, Xosé Antón Araúxo, manifestou que a ausencia de matrícula ou outro sinal complica o labor. De momento a embarcación foi retirada do monte e xa se procedeu a presentar denuncia ante a Policía Local de Gondomar. Segundo puido saber VM xa está aberta unha investigación que intentará arroxar luz sobre o caso.