Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Autoridades da Xunta mostraron a súa satisfacción trala visita as obras do Auditorio Municipal Lois Tobío.

Autoridades da Xunta mostraron a súa satisfacción trala visita as obras do Auditorio Municipal Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF
visita-xunta-ltobio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou onte Gondomar para comprobar o avance das obras de reforma que se están a realizar nas instalacións do Auditorio Lois Tobío, nas que a Consellería aportou 170.000 euros. O proxecto, cun custe estimado nos 250.000 euros, ten por obxectivo dotar as instalacións de vestiarios, adecuar a platea para outros usos así como mellorar diversos servizos e reestruturar a fachada.


A delegación da Xunta, integrada tamén polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo puido comprobar os alcances da intervención tras unha percorrida polo edificio e unha explicación do técnicos a cargo da obra. Segundo informou o Concelleiro Ignacio Troncoso (Cultura-Gondomar), a delegación marchou entusiasmada polos alcances da reforma e mostraron disponibilidade para estudar novas colaboracións no ámbito do desenvolvemento cultural local.
Pola súa banda, o rexedor gondomareño Fernando Guitían, amosouse moi satisfeito co proxecto. "Estas obras converterán ao Lois Tobío nun auditorio acorde á programación cultural que alberga, ademais de mellorar a calidade dos servizos que aquí lles ofrecemos aos nosos veciños e veciñas", afirmou.