Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O decreto de Rajoy sobre as exhibicións cinematrográficas nos municipios afecta toda a programación do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

 "Pitufos 2" esta noite no Campo das Redes (Nigrán) e a case totalidade da axenda cinematográfica que comeza a próxima semana en Baiona está afectada polo decreto que prohibe os pases de películas de estreo en salas e vídeo clubs (12 meses de antigüidade) nos ciclos de cines municipais. O novo decreto da administración Rajoy, xa bautizado como "decreto Frankenstein" pola diversidade e disparidade das temáticas das leis recollidas,  chega coas programacións de verán xa elaboradas polas administracións locais, xerando así unha situación de incerteza xurídica e no caso de que o goberno faga valer a nova lei en vigor, un prexuízo económico para as empresas encargadas da montaxe técnica e proxección das películas. Ata esta mañá, ningún dos concellos afectados ten comunicado se a pesar da entrada en vigor do decreto, manterán ou modificarán a carteleira dos ciclos programados.

Este mércores ás 21 horas terá lugar o festival solidario de Sabarís: “Operación Kilo”

Correo-e Imprimir PDF

ce orquesta pantasmaHoxe mércores ás 21:00 horas, a Asociación Castro e Ladeira de Sabarís, organiza o festival solidario "Operación Kilo" . O mesmo desenvolverase no mercado de Sabarís coa actuación de Pepe Capellan, o Pallaso Popin, Benito Lobariñas e Josiño da Teixaira e a Orquestra Pantasma. A entrada consiste na achega de alimentos non perecedoiros.

O Centro Neural de Gondomar acolle unha exposición de óleos de José Luis Valverde “O Soleiro”

Correo-e Imprimir PDF

soleiro-5O Centro Neural do municipio acolle estes días unha exposición de óleos de José Luis Valverde Fernández “ O Soleiro”. A mostra, composta por 29 óleos, recolle obras elaboradas dende o ano 1968 ata a actualidade, e en todas elas se constata unha exquisita fidelidade á realidade. "O meu primeiro cadro é do ano '66. A pintura sempre foi o meu hobby e agora, cos anos, púidenlle dedicar o tempo necesario. Por iso decidín expoñelos, para compartir o meu traballo con todo o que o desexe," explica o autor.

Fin de semana en Chaín: Teatro, música, contacontos e unha noite de terror no pantano

Correo-e Imprimir PDF

paula carballeiraA Festa do Socio que organiza todos os anos o Centro Cultural A Merced de Chaín propón unha das carteleiras máis sedutoras cara a próxima fin de semana. A noite do sábado inaugura o programa cunha actuación da compañía FULANO, MENGANGO E CITANO. O domingo pola mañá terá lugar unha comida de fraternidade amenizada polo Coro da Unión Musical de Vincios. Na noitiña, dúas sesións de contacontos coa artista Paula Carballeira. A primeira para todo público no local do centro e xa con noite de lúa chea,  unha experiencia para adultos cos “Contos de medo no pantano de Chaín”.

As lendas, os naufraxios e a historia do mar, en directo por internet acompañando a ruta marítima do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-tabletToda a ruta marítima do Instituto de Estudos Miñoranos deste mércores 9 de xullo poderá seguirse en directo a través de VM.info. Dende o inicio do percorrido ás 21:30 horas en diante, o equipo técnico de K12 Comunicación darán cobertura a toda a ruta, que emitirase en directo por internet dende o propio barco, se as condicións climáticas o permiten, e permitirá seguir as narracións do arqueólogo Xosé Lois Vilar así como interactuar con preguntas e comentarios a través dun chat habilitado na propia web A emisión poderá visualizarse con calquera tipo de dispositivo: ordenador, tablets ou teléfonos móbiles con conexión a Internet.

O goberno do Estado prohibe por decreto os pases de películas de estreo nos cines de verán municipais.

Correo-e Imprimir PDF

DSC00844 CustomOs habituais ciclos gratuítos ou a prezo simbólico de proxeccións cinematográficas dos concellos non poderán incluír películas dunha antigüidade inferior a 12 meses dende o seu estrea en salas de exhibición. Así o establece o artigo 8 do real decreto-lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, co que se modifica a Lei do Cine de 2007, nomeadamente os artigos 7 e 12, e publicados o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Durante todo o martes, inscripcións abertas para participar da ruta marítima do IEM por Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baionaDebido á gran demanda de reservas acadadas, o Instituto de Estudos Miñoranos estende durante todo o día martes 8 de xullo o prazo para inscribirse na Ruta Marítima pola Ría de Baiona que coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, partirá do porto da vila este mércores 9 ás 21:15 horas. Os interesados deben depositar o facer unha transferencia á conta do IEM en ABANCA (ex Novagalicia Banco) Nº 2080.5035.07.3040014164. Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar "BARCO 09/07" no "Concepto". O abono deberá ser confirmado o mesmo martes ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986360575 no horario de 9 a 13 horas e de 18 a 22 horas. Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM e deixar un teléfono de contacto
Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

O IEM abre inscricións para unha visita en barco á Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-2A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ao mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo.  O punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe haberá espazo para falar da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Tamén de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.  A xeira contará coa guía do arqueólogo e fillo de Baiona,  Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

O lume da tradición porá en escena á III Xuntanza Folclórica de Mañufe este sábado.

Correo-e Imprimir PDF

phoca thumb l iem pazos-001Co meniño atento que mira dende o campanario da capela de San Vicente, o arrecendo dos petiscos e bocadillos que preparará o centro cultural e cós muros centenarios do Pazo da Escola como tela de fondo, os conxuntos tradicionais das parroquias de Vincios, Pinzás, Chaín e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á III Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de percusión Pelepau. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 20:30 horas do vindeiro sábado 5 de xullo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL