Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A parroquia de Chaín bota andar a súa XVIII Festa do Xurelo a celebrarse o vindeiro domingo.

Correo-e Imprimir PDF

chainO vindeiro domingo día 3 de agosto a partir das 13:30 horas, no recinto de festas de Chaín (Gondomar) terá lugar a XVIII edición da Festa do Xurelo asado. Trátase dun evento gastronómico onde todos os pratos que se ofrecen xiran ó redor da estrela da festa: o xurelo.Poderase degustar á brasa acompañado de pan de millo, en empanada (de trigo ou millo), en tortilla e en croquetas, a prezos populares.

5.5 millóns de cupóns da ONCE amosarán a praia Barbeira o vindeiro 21 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

cupon-once-barbeiraUn total de 15 praias de Galicia estarán reflectidas no cupón diario da ONCE de luns a xoves durante o mes de agosto. En total  82,5 millóns de cupóns estarán dedicados aos areais da do país. A concellaría de Turismo de Baiona, adianta que de entre máis de 800 praias, a praia Barbeira, foi seleccionada para que o día 21 de agosto apareza reflectida no cupón que se sorteará ese día. O cupón se distribuirá en todo o territorio estatal, aparecendo en 5,5 millóns de cupóns, o que supón para a administración local “unha importante promoción deste areal e da propia vila”.

O Casino de Sabarís acollerá a exposición “Unha mirada subxectiva do cotián”, de Alberte Pereira.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz-SabarisDende o vindeiro sábado 2 de agosto ata finalizar o mes poderá visitarse unha mostra de máis de trinta imaxes do fotógrafo Alberte A. Pereira (A Guarda, 1964), no Casino de Sabarís. Fotógrafo independente e autodidacta, Alberte Pereira artella o fío da mostra con capturas das rúas das nosas aldeas, vilas ou cidades, en tanto "son inmensos escenarios do teatro da vida".

O IEM organiza unha nova “Noite de estrelas e lobos” na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

montoutoA tradicional xeira "Noite de estrelas e lobos" que desenvolve o IEM todos anos na Serra da Groba terá lugar este mércores 30 de xullo. Sen necesidade de inscrición previa o punto de encontro será en Chan da Lagoa (Baiona) a partir das 21 horas. Coa guía dos membros do IEM, Xilberte Manso e Xosé Lois Vilar, subiremos ao Montouto para gozar do atardecer coas abraiantes vistas do Val Miñor, a Ría de Vigo e se o tempo o permite divisar Fisterra.

Attachments:
File
Download this file (Folleto Xeira 5 de 2014 maqueta 3.pdf)Folleto informativo

A VIII edición do Festival Nigranjazz confirma a carteleira de artistas.

Correo-e Imprimir PDF

NigranjazzO vindeiro sábado 9 de agosto a partir das 21 horas nun auditorio natural ás beiras da Foz da Ramallosa terá lugar a VIII edición do Festival Nigránjazz. A carteleira comprende unha primeira actuación dun trío integrado polo guitarrista lugués Telmo Fernández, con Phill Wilkinson en Hammond e José Gómez na batería. Ás 22 horas subirán ao escenario outro grupo holandés integrado polo saxofonista Maarten Hogenhuis, Thomas Rolff no contrabaixo e Joan Terol na batería. O festival rematará cunha Jam Session no Cafeciño ás 00:30 horas dirixida por Wilfried Wilde Trío.

Inscricións abertas para postos e paradas das feiras de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informa de que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas nun evento que congregará tres feiras: III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais ademais da I Feira da Cervexa Artesanal. As mesmas terán lugar do 22 ao 24 de agosto.

Sábado 22:30 Concerto de Perlavoche na Alameda de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

caliopeJosé "O tenor de Morgadáns" xunto cun grupo de novas promesas da canción e mais o grupo Sueño de Calíope, brindarán un concerto este sábado 25 de xullo no escenario da Concellaría de Cultura de Gondomar, situado na Alameda. O recital dará comezo ás 22:30 horas.

Comezan tres días de Festa Rachada na parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

kogitoUnha ducia de conxuntos artísticos se darán cita a partir deste venres na Festa Rachada que durante tres días conmemorará as patronais de san Cristovo, na parroquia de Couso (Gondomar). Teatro, rock, ska, corais e bandas de música tradicional conforman a oferta cultural que veciños e visitantes poderán gozar totalmente de balde os días 25, 26 e 27 de xullo. Mentres esta carteleira de artistas de todo o Val Miñor dá lume á festa, a comisión veciñal encargarase da parte gastronómica cunha oferta de bocatas para todos os gustos e bebidas, todo a prezos populares.

Miguel Font Rossel achegará un coloquio sobre a democracia na Capitanía Marítima de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves 24 de xullo ás 20:30 horas continúa o ciclo de conferencias na Capitanía de Baiona que organiza o profesor Antonio Piñeiro. Nesta ocasión contarase coa participación de Miguel Font Rossell, mariño mercante, licenciado en dereito e xornalista que brindará a conferencia "La democracia, un fenómeno insólito".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL