Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Inscricións abertas para postos e paradas das feiras de agosto en Gondomar.

Inscricións abertas para postos e paradas das feiras de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informa de que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas nun evento que congregará tres feiras: III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais ademais da I Feira da Cervexa Artesanal. As mesmas terán lugar do 22 ao 24 de agosto.


As persoas, asociacións e entidades interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 609 282 753. (Bases dispoñibles en www.concellodegondomar.info) Estas iniciativas, enmarcadas dentro da programación cultural do Concello de Gondomar para este verán, están organizadas pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de Artesáns 'Mestura' do Val Miñor e terán lugar nas principais vías urbanas do municipio.