Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Aberto o prazo de inscrición para a obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranA Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso preparatorio das probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ( E.S.O. ) que comezará no vindeiro mes de outubro.
Para máis información ou inscrición as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón , Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Teléfono: 986 383081, correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Aberto o prazo de inscrición para o curso de "monitor/a de tempo libre" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

nenos cordaO Concello de Nigrán anuncia a realización dun curso de "Monitor/a de Tempo Libre", cunha duración de 350 horas (teóricas e prácticas), dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadronadas no municipio que posúan, como mínimo o Graduado Escolar. Neste curso, o alumnado aprenderá a organizar, dinamizar e avaliar actividades de lecer educativo dirixidas á infancia e a mocidade, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo na educación de valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

Os comuñeiros de Couso preparan unha noite de “rastreo” nos montes da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

PA173847 LargeConvidan a preparar equipos de 6 a 10 persoas para participar do tradicional xogo do rastreo que desenvolverán o vindeiro sábado 6 de setembro pola noite. A partir das 21 horas terá lugar a inscrición dos equipos na Casa Veciñal de Couso onde comezará a partida. Obrigatorio levar papel, compás, bolígrafo e lanterna para participar do xogo. Aconsellan tamén levar roupa de recambio. O prezo por persoa é de 6 euros con dereito á churrascada que terá lugar o día 13 de setembro.

Presentación da novela gráfica “A causa do crime” coa presenza de Alfredo López, “Tokio”.

Correo-e Imprimir PDF

a causa do crimeO vindeiro venres 5 de setembro terá lugar a presentación da novela debuxada A causa do crime (Demo Editorial, 2014), nova obra de Alfredo López “Tokio”, a poucos días de saída do prelo. 

Tras falar da obra e a súa historia, terá lugar unha sesión de sinaturas do autor ao final do encontro. O acto será presentado polo tamén debuxante, Evaristo Pereira, e dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº 10, baixo, Gondomar.

O IES Val Miñor, gañador do premio Boas Ondas polo seu programa sobre o patrimonio

Correo-e Imprimir PDF

Xonadas de Ponte..nas OndasEste xoves día 4 de Setembro  a Asociación Pedagóxica e Cultural Ponte...nas Ondas! realizará o acto de entrega dos premios BOAS ONDAS, celebrando os vinte anos da asociación traballando na hermanamento cultural e pedagóxico de Galicia e Portugal.

O IES Val Miñor de Nigrán recibe o premio Boas Ondas ao mellor programa sobre o patrimonio.

Cartel final de grupos para a 2ª Ruta Musical en Sabaris

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da edición anterior en 2013A asociación de comerciantes de Sabarís COEMSA deu a coñecer onte o cartel definitivo de grupos que encherán as rúas de Sabarís de música por un día.

Dez escearios e dez grupos que acturán dende as 11 da mañá até as 21h este sábado 6 de setembro, con variedade de estilos para todos os gustos.

Curso de acompañante de comedor social e de iniciación á fotografía en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco do Programa Actívate 2014, organiza un curso de Acompañante de comedor escolar e un curso de Iniciación á Fotografía , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Os curso son gratuítos.

Xeiras do IEM: unha viaxe pola arquitectura de Bar Bóo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

praza-abasto-gondomarO vindeiro mércores 3 de setembro terá lugar a derradeira Xeira do IEM do verán 2014. A mesma leva por título "A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar" e contará coa guía dos arquitectos Antonio Soliño e Rosa Mouriño. O punto de encontro será ás 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira nº10, baixo, Gondomar. A andaina non require inscrición previa.

A rondalla Santiago de Parada busca aspirantes e convoca á nova tempada de ensaios.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-1

Contan con 50 integrantes dirixidos por Miriam Méndez Meira, pero queren seguir facendo historia na parroquia e lavar as súas músicas polo país. Por eso, a rondalla de Santiago de Parada convoca a nenas e nenos, mulleres e homes, sen importar a idade a convertirse en "rondalleiros" e unirse ao grupo totalmente de balde. Eles achegan os instrumentos para quen os necesite. Os ensaios comezan o vindeiro sábado 6 de setembro ás 21 horas no Centro Cultural Parada do Miñor, no Camiño da Igrexa, 6 (Parada – Nigrán). A disposición dos interesados poñen o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL