Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Abren inscricións para un curso de bailes latinos en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

latino baileA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", oferta un curso de bailes latinos, que se celebrará no seu local social (planta baixa da escola infantil de Chandebrito, na Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos venres de 17.30 a 18.30 h. e que comezará o venres día 3 de outubro.

“O caderno amarelo”, de Lara Rozados Lorenzo gaña o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

lara2-webO xurado do VII Premio de Poesía Victoriano - Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario O caderno amarelo, da que é autora Lara Rozados Lorenzo. O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.

Un proxecto de produción de shiitake será presentado ao público polos comuneiros de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

shiitakeNos montes de Couso (Gondomar) agroma un novo proxecto produtivo baseado nun cogomelo coñecido mundialmente como shiitake (Lentinus edodes). Especie rica en proteínas, e cunha tradición milenaria de explotación, comercialización e consumo en Asia, rexistra gran demanda tanto no eido gastronómico como da medicina. A Comunidade de Montes de Couso destinou mil metros cadrados a unha plantación experimental capaz de producir próximo a dúas toneladas destes fungos. A dez euros o quilo no mercado, a aposta amosa máis que interesante para estes comuneiros que levan máis de tres anos traballando nesta iniciativa. O vindeiro sábado 13 de setembro ás 17 horas, terá lugar unha presentación no Centro Veciñal de Couso, aberta ao público, onde a bióloga María Caslderrey Quiñones (Hifas da Terra) dará detalles deste emprendemento. Posteriormente ás 18:30 horas haberá unha visita guiada á zona de produción, guiada polos comuneiros.

Un acto cultural dará marco á presentación da Revista de Estudos Miñoranos Nº 12/13.

Correo-e Imprimir PDF

web-revista-rem-12-13O vindeiro venres 12 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a presentación do exemplar Nº 12/13 da Revista de Estudos Miñoranos. O acto, a desenvolverse na Aula de Cultura Ponte de Rosasa (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar), contará coa condución de Xulián Maure, membro da Xunta de Goberno do IEM e coordinador da edición. Estará acompañado por Lara Barros Alfaro,  Xosé Lois Vilar Pedreira e Antonio Soliño Troncoso, en representación dos autores das investigacións e artigos contidos no libro . Durante a presentación terá lugar un concerto do músico Fernando Blanco,  quen interpretará un selecto repertorio de pezas da súa autoría. Haberá exemplares da revista á venda.

Nigrán convoca oposicións libres na procura de tres axentes de carreira para a policía local.

Correo-e Imprimir PDF

O obxecto da convocatoria é a selección de persoal para ocupar tres prazas de funcionarios/as de carreira na policía local do Concello de Nigrán, segundo da conta o Boletín Oficial da Provincia. As bases da convocatoria poden consultarse no BOP e o prazo remata o vindeiro 29 de setembro.

Inscricións para un curso de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

MARTA DACOSTAÁbrese o período de inscricións para participar dun curso de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta, no Instituto de Estudos Miñoranos. A actividade que leva por título "II obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo", está dirixido a persoas que desexen mellorar as súas técnicas de escritura. O curso ten un límite de 25 prazas a encher por rigoroso orde de inscrición. As clases darán comezo o vindeiro mes de outubro na, Aula de Cultura Ponte de Rosas cas seguintes características:

Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

obras-vt-webFinalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

Sábado: Festival folclórico e aniversario de Airiños da Lagoa na Praza do Concello de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

arinhosEste sábado 6 de setembro, ás 22 horas, na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XVIII Festival Nacional de Folclore que organiza a Asociación Airiños da Lagoa, da parroquia de Baíña. O evento formará parte da celebración dos 18 anos da fundación da agrupación. O festival contará coa participación dos anfitrións, así como dos grupos “La Folixa” de Carreño que chega dende Asturias e “Tenada” de León. En caso de mal tempo o acto será no Auditorio Municipal de Baiona V Centenario.

Os veciños de Vincios ofertan polbo, churrasco e moita música para este domingo ao pé do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

dende-o-cumio-do-galinheiro

Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios prepara a súa III Festa d@ Soci@ e d@ Veciñ@ cunha extensa xornada cultural e gastronómica. A cita é para este domingo 7 de setembro a partir das 11 horas na Área Recreativa do Centro Cultural de Vincios. Convidan á veciñanza a levar cadeiras e mesas para participar dun xantar de confraternidade. A organización ofertará tapas de polbo e churrasco con cachelo e chourizo. Haberá brincadeiras para os máis pequenos

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL