Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

“O caderno amarelo” de Lara Rozados: unha radiografía xeracional en 22 poemas.

Correo-e Imprimir PDF

caderno-amareloCon O caderno amarelo, é un libro “que pode lerse como unha radiografía xeracional” sinala a acta do xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns, que  escolleu este poemario  da xornalista Lara Rozados como gañador do certame. Engade que a través deste discurso poético “vemos debullar ante nós os principais desafíos no social e no íntimo da mocidade galega contemporánea”. O libro será presentado este sábado 15 de novembro ás 19:30 horas na Escola de Guillufe (Morgadáns), no acto cultural que dará marco á sétima entrega consecutiva do premio.

A Cámara de Comercio de Gondomar organiza un curso de operador de camión grúa .

Correo-e Imprimir PDF

CamiongruaA Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de camión guindastre os días 1,2 e 3 de decembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar. Co obxectivo de aumentar a seguridade do alumno á hora de levar a cabo operacións de manexo do guindastre auto cargante, ofreceranse 5 horas de formación teórica e 10 de formación práctica de acordo ao real decreto 1215/97 polo que se establecen as condicións mínimas de seguridade e saúde dos traballadores que utilizan este tipo de maquinaria.

Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns na Escola de Guillufe.

Correo-e Imprimir PDF

lara2O vindeiro sábado terá lugar a VII entrega consecutiva do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Galardón que este ano correspondeu por decisión do xurado á escritora Lara Rozados Lorenzo pola obra O caderno amarelo. O acto terá lugar como é tradición na Escola de Guillufe (onde exercera a docencia o mestre Victoriano Taibo), o vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 19:30 horas.

Cantares do Brión participará do X Ciclo de Coros Históricos en A Coruña.

Correo-e Imprimir PDF

cantares-cuviO coro tradicional CANTARES DO BRIÓN, con sede no Centro Cultural de Vincios, estará o domingo, 16 de novembro, na Coruña, na sesión de peche do X Ciclo de Coros Históricos, invitados por Cántigas da Terra, o coro organizador destes ciclos anuais.O evento terá lugar, a partir das 19:00 horas, no Teatro Rosalía de Castro.

Faladoiro de Ramón Sestelo e Aniceto Núñez sobre os inicios do IES Auga da Laxe en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O 1 de setembro de 1989 inaugurábase o IES Auga da Laxe de Gondomar. Ramón Sestelo, daquela alcalde e Aniceto Núñez, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia que presidira Fernando González Laxe, ofrecerán unha charla coloquio titulado "Os inicios do Centro". O acto terá lugar no marco dos festexos do 25 aniversario do instituto e se desenvolverá o próximo venres 14 de novembro ás 14:10 horas no salón de actos. Asistirán os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, representantes do Concello de Gondomar e membros da comunidade educativa.

A Ría Non se Vende presenta en Baiona “Del Amor”, a obra libertaria de Ricardo Mella

Correo-e Imprimir PDF

mella-r-del-amorDel Amor, unha escolma de escritos de Ricardo Mella relacionado co amor, será presentado o vindeiro sábado 15 de novembro ás 18 horas na Taberna Marrucho de Baiona. A obra contén os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas e Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella.

O IEM inicia a recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán)

Correo-e Imprimir PDF

panxon portoOs cambios económicos, sociais, urbanísiticos e doutra índole están provocando unha perda exponencial dos nomes do noso mundo. Unha perda de patrimonio, unha perda de cultura e identidade. Nese senso, o  Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) e o Instituto Primeiro de Marzo de Baiona, asinaron un convenio para que a alumna Beatriz Pérez González, do ciclo de animación sociocultural, levara a cabo as súas prácticas. O traballo conxunto consiste na recolleita dos topónimos - nome dos lugares-  da parroquia  de Panxón.

Magosto e música en vivo este sábado pola tarde na praza de abastos de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

magosto-sabarisEste sábado 8 de novembro as 19:00 horas, na Praza de Abastos de Sabarís, a Asociación de Veciños de Sabarís Castro e Ladeira e ENCAIXAMOS (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) celebran un Magosto. Haberá bocadillos, chocolate quente, viño e outras bebidas a prezos populares. Castañas e queimada de balde para tod@s. E ademais de música en directo ao cargo de Roberto Carrera.

Ponte...nas Ondas! acada no seu 20 aniversario o Premio Ondas.

Correo-e Imprimir PDF

Premio Ondas 2014Este xoves 6 de novembro deuse a coñecer o fallo do xurado da 61ª edición dos Premios Ondas, un dos máis prestixiosos galardóns de radio e televisión que se conceden en España.

A Asociación pedagóxica e cultural Ponte...nas Ondas! que leva achegando a experiencia radiofónica e de comunicación aos escolares das dúas marxes do Miño, acadou un dos codiciados galardóns.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL