Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns na Escola de Guillufe.

Entrega do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns na Escola de Guillufe.

Correo-e Imprimir PDF
lara2

O vindeiro sábado terá lugar a VII entrega consecutiva do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Galardón que este ano correspondeu por decisión do xurado á escritora Lara Rozados Lorenzo pola obra O caderno amarelo. O acto terá lugar como é tradición na Escola de Guillufe (onde exercera a docencia o mestre Victoriano Taibo), o vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 19:30 horas.


Música, teatro e poesía tecerán este acto cultural onde a gañadora, Lara Rozados Lorenzo , recibirá o premio consistente en 3000 € en efectivo, unha escultura creada para este certame polo artista Fino Lorenzo e a publicación do libro, O caderno amarelo, que se presentará neste acto. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, será conducido pola escritora Rexina Vega.
Como é tradición, a banda de gaitas Balcón do Miñor abrirá o evento ao son da música tradicional. Posteriormente a escritora Rexina Vega fará unha breve disertación sobre a figura de Victoriano Taibo. A continuación lectura da acta do xurado e entrega dos premios e un breve recital da gañadora desta edición, Lara Rozados.
A gala continuará coa escenificación de O Tiriñas, a cargo do grupo local de arte afeccionado Bertorella. O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián pechará o acto.
Unha vez clausurado o acto, o público está convidado ao albaroque que terá lugar no soto do edificio, amenizado polo grupo Balcón do Miñor.