Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Ría Non se Vende presenta en Baiona “Del Amor”, a obra libertaria de Ricardo Mella

A Ría Non se Vende presenta en Baiona “Del Amor”, a obra libertaria de Ricardo Mella

Correo-e Imprimir PDF
mella-r-del-amor

Del Amor, unha escolma de escritos de Ricardo Mella relacionado co amor, será presentado o vindeiro sábado 15 de novembro ás 18 horas na Taberna Marrucho de Baiona. A obra contén os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas e Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella.

 

A presentación coincide co aniversario do nacemento de Urania Mella Serrano (1899), sexta descendente da parella formada por Esperanza Serrano e Ricardo Mella. En 1936, Urania foi represaliada e o seu marido, Humberto Solleiro, asasinado. Parte da súa descendencia está hoxe asentada na bisbarra miñorana.
O acto organizado pola asociación A Ría Non se Vende contará coas intervencións de Raúl Solleiro Mella e Cholo Comesaña e rematará cun concerto das bandas A Bagunda e Xenderal. Entrada libre.