Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Luis Davila, “O Bichero” abre a nova tempada de Lecturas Debuxadas na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

davila1O martes día 21 de outubro, ás 20:00h na Biblioteca de Gondomar, celébrase a primeira sesión da tempada 2014-2015 do Club Lecturas Debuxadas da asociación Espazo Lectura, na que se comentará o libro de humor gráfico O Bichero. Menudo día, do debuxante Luis Davila, popular polas súas tiras diarias no periódico Faro de Vigo.

Coa obra “Rosiña a xordiña” continúa este sábado a mostra de teatro afeccionado en Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

centro-cultural-manhufeA iniciativa da Asociación Cultural San Vicente de Mañufe e coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar, durante todo o mes de outubro se está a desenvolver a I Mostra de Teatro Afeccionado "Mañufe levanta o telón". Este sábado 18 de outubro, ás 22 horas se levará adiante a posta en escena corresponderá ao grupo La Madre del Dinero Negro de Sabarís, coa obra "Rosiña a xordiña".

Curso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

carretilla elevadoraA Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de carretillass elevadoras os días 3,4,5,6 e 7 de novembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar co fin de dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para utilizar as carretas en ámbitos específicos. Os alumnos adquirirán coñecementos sobre as modalidades, condicionantes e riscos das distintas operacións de manipulación de cargas en función dos equipos e situacións habituais.
O curso ten unha duración total de 25 horas, 5 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica mediante o uso de maquinaria.

O espazo “Que horas honestas” instala o debate político este venres no Café Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

que horas honestasO Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar centrará a primeiro programa-debate que levará por título "Que horas honestas". Espazo que nace este venres ás 22 horas nas instalacións do Café Rañolas na rúa Otero Pedrayo Nº3. No mesmo verterán as súas opinións Jimena Varela (EU), Manuela Rodríguez (BNG), Francisco Ferreira (PSOE), Antonio Araúxo (Grupo Municipal Nacionalista), Alberto Covelo (Comunidade de Montes de Vincios) e Xosé Antón Araúxo (Comunidade de Montes de Couso). O moderador do debate será Josué Villar, politólogo e coordinador local de Esquerda Unida. Entrada libre.

Val Miñor: O 98% afirma entender galego pero menos dun terzo o utiliza como lingua habitual.

Correo-e Imprimir PDF

uso galegoApenas un 30,33% da poboación do Val Miñor utiliza o galego como lingua habitual aínda que o 98,03% afirma entendelo e o 87,63% o utiliza nalgún ámbito da súa vida. Todos estes datos emanan do censo de poboación e vivendas do INE (2011)e que o Instituto Galego de Estatística vén de publicar esta semana. Gondomar segue a ser o concello con máis galego-falantes habituais da bisbarra co 40,97% da súa poboación maior de 5 anos. Mais dez anos atrás o mesmo estudo sinalaba que a cifra era maior: 55,64%. En Baiona e Nigrán as persoas que afirman utilizar "sempre" o galego non chega nin ao terzo da poboación, 28,47% (29,13% en 2001) e 23,27% (35,66% en 2001) respectivamente.

GRAFICA

Mercadona de Nigrán oferta 5 postos de traballo e consegue máis de 3000 candidatos en 72 horas.

Correo-e Imprimir PDF

mercadonaO supermercado Mercadona oferta 5 postos de traballo nas súas instalacións en Porto do Molle.

A tan só 72 horas da súa publicación nas redes, próximo a 3.400 persoas xa se sumaron á oferta  no portal de emprego Infojobs e a cifra medra a cada hora.

As cinco vacantes son a xornada completa (40 horas semanais), de luns a sábados.

Segundo a oferta publicada no portal, non se require experiencia previa sendo a formación a cargo da empresa. O salario ofertado vai de 15.000 a 18.000 euros brutos anos, con contrato indefinido.

Os candidatos e candidatas deben ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) completa, residir na provincia e ter carné de conducir para o posto de repartidor.

O documental “A Volta dos Nove” será presentado este mércores en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

5434039841-a-volta-dos-noveO vindeiro mércores 15 de outubro ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental “A Volta dos Nove” (Galicia,2014) do director gondomareño Antonio Caeiro . Será no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío, no marco do ciclo Cine e Memoria II, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Inscricións abertas para un curso de Paleografía Medieval Galega con Xulián Maure no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

b-npaleo-baiona-1274Están abertas as  inscricións para o curso de "Paleografía Medieval Galega" a desenvolver polo profesor Xulián Maure Rivas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, Gondomar). Os interesados deben dirixirse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   ou polo teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A convocatoria ten un límite de dez prazas e remata o vindeiro venres 25 de outubro.

Magosto e espectáculo artístico este sábado no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

No envento se poderá degustar castañas asadas, postres caseiros elaborados co froito do castiñeiro, e algún guiso a descubrir para sobrelevar os fríos que chegan. O espazo cultural contará coa actuación do grupo Cinta Adhesiva , o grupo portugués post-rock Okkur e Inés Casarejos. As portas abriranse ás 12:30 e o acto ten unha entrada de 5 euros (as nenas e nenos entrada de balde e as castañas de agasallo).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL