Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Mercadona de Nigrán oferta 5 postos de traballo e consegue máis de 3000 candidatos en 72 horas.

Mercadona de Nigrán oferta 5 postos de traballo e consegue máis de 3000 candidatos en 72 horas.

Correo-e Imprimir PDF
mercadona

O supermercado Mercadona oferta 5 postos de traballo nas súas instalacións en Porto do Molle.

A tan só 72 horas da súa publicación nas redes, próximo a 3.400 persoas xa se sumaron á oferta  no portal de emprego Infojobs e a cifra medra a cada hora.

As cinco vacantes son a xornada completa (40 horas semanais), de luns a sábados.

Segundo a oferta publicada no portal, non se require experiencia previa sendo a formación a cargo da empresa. O salario ofertado vai de 15.000 a 18.000 euros brutos anos, con contrato indefinido.

Os candidatos e candidatas deben ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) completa, residir na provincia e ter carné de conducir para o posto de repartidor.