Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Magosto e espectáculo artístico este sábado no Nornas Hostel de Gondomar.

Magosto e espectáculo artístico este sábado no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

No envento se poderá degustar castañas asadas, postres caseiros elaborados co froito do castiñeiro, e algún guiso a descubrir para sobrelevar os fríos que chegan. O espazo cultural contará coa actuación do grupo Cinta Adhesiva , o grupo portugués post-rock Okkur e Inés Casarejos. As portas abriranse ás 12:30 e o acto ten unha entrada de 5 euros (as nenas e nenos entrada de balde e as castañas de agasallo).