Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Escolares de Nigrán participarán na XII Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

mostra oralidadeO evento terá lugar este martes 25 de novembro ás 11:30 horas no Auditorio AFUNDACION (Marqués de Valladares s/n, Vigo). A esta actividade, organizada por Ponte ... nas ondas! asistirán centros educativos de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço, Salvaterra de Miño, Nigrán e Vigo. A Mostra da Oralidade é un evento que reúne as voces do patrimonio inmaterial galego-portugués concibido para transmitir ás novas xeracións as expresións contemporáneas desta cultura común. Nela xúntanse as persoas portadoras das manifestacións da cultura tradicional con artistas que basean o seu traballo creativo na oralidade.

A Agrupación Musical de Vincios presentará o seu novo director nas festas de Santa Cecilia.

Correo-e Imprimir PDF

agrupacion-musical-vinciosO música Francisco Valcárcel (Salceda de Caselas) asume como novo director da agrupación, a banda e a Escola de Música de Vincios. Profesor de tuba-bombardino no Conservatorio de Viana do Castelo e na Escola de Música de Beade, Valcárcel integra a Banda de Música de Salceda, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Música de Bandas de Músicas Populares o Cuarteto The Tubas e a Turre's Band. A súa primeira presentación será o vindeiro sábado 22 de novembro ás 20 horas no concerto homenaxe a Santa Cecilia a desenvolverse no Centro Cultural de Vincios.

A Universidade de Vigo terá dobres titulacións con universidades portuguesas

Correo-e Imprimir PDF

5469cd96a2f1d-gal04As universidades galegas e as portuguesas, sobre todo as do norte do país, están cada vez máis cerca, afianzando as vías de colaboración e proxectos conxuntos. O pasado venres a Universidade de Vigo asinou un convenio coa Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro (UTAD) e co Instituto Politécnico de Porto (IPP) que permitirá, entre outras cousas, a creación de dobres titulacións de grao compartidas entre a Uvigo e as universidades do sur do Miño. Este acordo únese a outras iniciativas, coma o programa Iacobus de mobilidade entre as universidades da eurorrexión, que se puxo en marcha neste curso, e no que participan as tres institucións galegas e catro do norte de Portugal.

A RAG pide a inclusión da toponimia tradicional como Concepto de patrimonio cultural inmaterial

Correo-e Imprimir PDF

toponimia-borreirosA Academia Galega critica que o proxecto de Lei para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial non inclúa os nomes tradicionais de lugar.
A toponimia é o tesouro dun país, especialmente, cando é deturpada e se usa outra lingua Bayona, Panjón, La Coruña, El Ferrol, Villagarcía, Rianjo, Arteijo ou Melliz para definir topónimos históricos. Tamén é fundamental para entender o desenvolvemento da historia e da cultura dun pobo porque define lugares concretos, montes e mesmo leiras que teñen e tiveron unha relación física co territorio. Por iso, para conservar esta riqueza cultural e tamén para evitar deturpación que se produce co uso do español para topónimos en galego, a RAG pediu a inclusión da toponimia tradicional como 'Concepto de patrimonio cultural inmaterial'.

Cea e baile de confraternidade para os veciños de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A asociación de veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza este sábado 22 de novembro ás 10 da noite na Taperia o Muiño de Sabaris unha cea baile con aperitivos, lacón con grelos, postre, e bebidas. O encontro será amenizado por un grupo musical co obxectivo de pasar unha noite divertida entre veciños. Para anotarse antes do día xoves nos teléfonos: 636.921.744 ou 679.185.813

Magosto en Peitieiros

Correo-e Imprimir PDF

magosto-donasO domingo día 16 a partir das 16:30 h o Centro Cultural de Peitieiros organiza o MAGOSTO.
Os actos comezarán con xogos populares para grandes e pequenos. O pateiro, os tres pés, pes quietos, trompos, bolas, etc. Entre todos lembrán aqueles divertimentos que de seguro aos máis pequenos lles encantará e aos maiores faralles ilusión revivir.

Inscricións abertas para unha xornada micolóxica en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Cogomelos do monte Iroite A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", coa colaboración da Agrupación Micolóxica "Brincabois", celebrará o vindeiro domingo dia 23 de novembro durante todo o día a cuarta edición das xornadas de micoloxía de Chan de Brito, na que o membro da citada agrupación e da Federación Galega, Jose Luis Tomé Ortega, introducirá no mundo dos cogomelos ás persoas participantes.

Curso gratuíto de deseño CAD Solidworks para enxeñeiros, arquitectos e técnicos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

00116cshotO Concello de Gondomar, a través da concejalía de Mocidade e a concellaría de Formación e Emprego, pon en marcha un curso gratuíto de “Deseñador CAD en Solidworks” do 5 ao 23 de decembro dirixido a enxeñeiros, aparelladores, delineantes, arquitectos e persoal técnico que desexen obter formación neste campo e que lle permitirá contar coas capacidades necesarias para presentarse ao exame do título homologado .

Construíndo o futuro dos medios “enteiros en galego”.

Correo-e Imprimir PDF

Boa-presencia-na-charla-sobre-os-medios-en-galego-da-EOIA Escola de Idiomas de Santiago de Compostela acollía onte, 13 de novembro, unha mesa redonda baixo o título “Os medios, enteiros en galego”. E alí, como reprentante dos novos medios comarcais unidos na Asociación de Medios en Galego, ficaron Ubaldo Cerqueiro, responsable de Quepasanacosta, acompañado por Aurélio Lopes (Irmandade TV), Olalla Rodil (Sermos Galiza), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) e Raul Riós (Novas da Galiza).

Máis de 20 persoas achegáronse a escoitar a situación dos medios galegos dende dentro. Problemas como o financiamento, profesionalización, precarieriedade, compromiso, modelos de negocio, estrutura… foron conceptos que foron saíndo nas intervencións dos poñentes, deixando patente que “As administracións públicas son as culpables da situación dos medios galegos”, polo inxusto reparto das axudas, por exemplo, de normalización.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL