Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Agrupación Musical de Vincios presentará o seu novo director nas festas de Santa Cecilia.

A Agrupación Musical de Vincios presentará o seu novo director nas festas de Santa Cecilia.

Correo-e Imprimir PDF
agrupacion-musical-vincios

O música Francisco Valcárcel (Salceda de Caselas) asume como novo director da agrupación, a banda e a Escola de Música de Vincios. Profesor de tuba-bombardino no Conservatorio de Viana do Castelo e na Escola de Música de Beade, Valcárcel integra a Banda de Música de Salceda, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Música de Bandas de Músicas Populares o Cuarteto The Tubas e a Turre's Band. A súa primeira presentación será o vindeiro sábado 22 de novembro ás 20 horas no concerto homenaxe a Santa Cecilia a desenvolverse no Centro Cultural de Vincios.