Este xoves día 4 de Setembro a Asociación Pedagóxica e Cultural Ponte...nas Ondas! realizará o acto de entrega dos premios BOAS ONDAS, celebrando os vinte anos da asociación traballando na hermanamento cultural e pedagóxico de Galicia e Portugal.
O IES Val Miñor de Nigrán recibe o premio Boas Ondas ao mellor programa sobre o patrimonio.
O acto aberto a todo o público terá lugar no Auditorio Miralles da Universidade de Vigo ás 17h e será presentado polo xornalista Xosé María Palmeiro e estara amenizado polas actuacións de Uxía Senlle e NARF
A entrega de premios contará cunha representación da Cámara de Boa Vista de Paraiba ( Brasil ) que recollerá o seu premio. Esta delegación está conformada por alumnado de escolas do municipio, o Vereador da Cultura e unha profesora da Universidade Estadual de Paraiba.
Premios Boas Ondas
80 son os traballos presentados procedentes de 57 centros educativos de Galicia, Portugal, Cuba, Colombia, Arxentina e Chile que logo da deliberación do xurado quedaron conformados como premiados os seguintes:
Premio ao mellor programa radiofónico en directo para o CEP Carlos Casares de Aixén en Salvaterra.
Premio ao mellor programa radiofónico gravado para o Agrupamento de Escolas de Arouca- Portugal
Premio ao mellor programa colaborativo para o CEIP de Cedeira - Redondela
Premio "audiovisuais" ao mellor programa realizado en vídeo para o CEIP Santa Mariña - Redondela
Premio "patrimoniais" ao mellor programa sobre o patrimonio para o IES Val Miñor - Nigrán
Premio boas ondas de fóra da Eurorexión Galiza - Norte de Portugal para o o projecto Boavista de Paraiba - Brasil
O IES Val Miñor recibe o premio Boas Ondas ao mellor programa sobre o patrimonio.
O instituto miñorán recibe o galardón logo de que o xurado valorase a montaxe e fotografía da peza audiovisual centrada nos "tesouros vivos" persoas portadoras dun saber adquirido por unha transmisión oral. "O sentimento que transmiten as fotografías que conseguen transportarnos a un tempo pasado apoiadas pola lectura do poema "Lembranzas" que fai de eixo de continuidade entre cada unha das pezas que compoñen a obra. Presenta secuenciada e someramente as experiencias dalgúns “portadores” que posúen coñecementos a piques de desaparecer o que os converte en auténticos Tesouros Vivos." Sinala o xurado.