Xurxo Souto está este venres en Gondomar co programa de radio "Na Ponte...ao vivo" de Ponte...nas Ondas!!
Porxectarase o documental sobre o Corpus Gondomareño.
O venres 19 de xullo, ás 22.30 horas a Praza da Alameda será o escenario do espectáculo radiovisual 'Na Ponte...ao vivo', conducido polo locutor de radio e músico, Xurxo Souto. 'Na Ponte...ao vivo' é un programa radiovisual en directo que vai mostrando o labor de Ponte nas ondas! ao longo de dúas décadas. O espectáculo combina a fórmula radiofónica con conexións audiovisuais e actuacións musicais en directo.
Pechará o programa a proxección dun documental sobre o Corpus gondomareño realizado por GondomarTV baixo a produción do Concello de Gondomar co obxeto de agradecer a todos os veciños e veciñas a súa colaboración nesta festividade.
O sábado 20 de xullo, será ocasión para gozar da danza co Festival de Danza Paradela, que terá lugar dentro das actividades de Noites na Praza da Alameda ás 22.30 horas.