Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A música conquista os intramuros do Pazo do Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

audicion-paso-2O cisne de Camille Saint-Saëns puido verse na fonte central do patio de armas. E Praga estaba alí, ao final dunha ruta que dende esa fonte abriuse camiño cara o Moldava que inspirou a Bedrich Semetana no seu Má Vlast. Todo iso e moito máis ocorreu no interior dos pétreos muros do Pazo do Conde de Gondomar grazas á capacidade comunicativa de Manuel López- Benito para contaxiar a súa exquisita sensibilidade musical ao auditorio. O musicólogo abriu a audición coa abertura do Barbeiro de Sevilla (Giocchino Rossi, 1792-1868) acompañado dunhas duascentas almas que aceptaron o convite conxunto feito polo IEM e Escenarios Musicais para gozar da velada nos xardíns da senlleira casa da familia herdeira de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.

A deseñadora de traxes tradicionais Patricia González pecha a Semana Cultural de Peitieros.

Correo-e Imprimir PDF

centro cul peitieirosEste venres 22 de agosto ás 20:00h. no Centro Cultural remata a Semana Cultural organizada polo Centro Cultural de Peitieiros, cun charla e mostra do Traxe tradicional a cargo da deseñadora e costureira de traxes tradicionais galegos Patricia González. Os seus traxes teñen aires renovados, mais mantendo a esencia do século XIX e principios do XX. Patricia González tamén elabora fundas de moitos instrumentos musicais, entre eles gaitas. Esta costureira da parroquia de Saiáns, en Vigo, leva 18 anos impartindo clases de costura tradicional. Patricia González tamén é pandereteira e integrante do grupo Zurrumalla.

Unha ruta guiada do IEM percorrerá Gondomar recreando o seu pasado histórico- urbanístico.

Correo-e Imprimir PDF

cruceiro-gondomarEste venres unha ruta organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos permitirá percorrer a vila de Gondomar recreando o seu pasado dende o Antigo Réxime ata o século XIX. O arquitecto Antonio Soliño Troncoso será o encargado da guía que sen deixar de ollar o entramado urbano da vila condal da segunda metade do XIX e primeira metade do XX, centrarase naqueles testemuños inda vivos que a conformaron séculos atrás.

Últimos días para inscribirse na maratón de artefactos flotantes: “Flota como poidas”.

Correo-e Imprimir PDF

flotaXa está en marcha a 2ª maratón de artefactos flotantes sen motor coñecida como o "Flota como poidas". A mesma terá lugar o vindeiro domingo 24 de agosto a partir das 17:30 horas nunha travesía que irá da Ponte da Ramallosa ata a Praia Ladeira. O interesados en participar poden inscribirse ata o 22 de agosto a través do teléfono 676904007 ou na web www.sabarisonline.com , e na páxina de Facebook Sabarís es otra historia. Tamén no Mercado da Tía Ni, o Hotel Arce e a gasolineira de Baiona.
O evento está organizado pola asociacións COEMSA, OVALMI, Marisma da Ramallosa, o Club de Piragüismo Val Miñor e o Concello de Nigrán.

A memoria histórica non ten "espazo" no Val Miñor. O documental "A volta dos nove" terá que estrearse en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-NOVO-DA-VOLTA-2O 27 de setembro ás 20:30 horas a película documental A Volta dos 9 verá a luz logo de 8 anos de produción. Sen embargo, esta historia por demais vencellada ao pasado recente do Val Miñor, non terá a súa estrea na bisbarra. O Concello de Nigrán negou o Auditorio Municipal a tal fin. A concelleira de Cultura, Liliana Silva (PP) comunicou telefonicamente no pasado mes de xullo que o auditorio municipal estaría ocupado todas as fins de semana de setembro, sen interesarse en procurar unha solución alternativa, segundo denuncia Antonio Caeiro, director do filme.

Audición musical do IEM no Pazo do Conde de Gondomar coa dirección de Manuel López Benito.

Correo-e Imprimir PDF

pazo-do-condeO vindeiro xoves de agosto 21 ás 20:00 horas no Pazo do Conde de Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICAIS dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición na que se pretende xuntar a divulgación da Música Clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.

Proxección en Peitieiros do filme "De porta en porta", seleccionado en Filminho 2009

Correo-e Imprimir PDF

Este mércores 20 de agosto, ás 20:30h, o Centro Cultural de Peitieiros inicia a Semana Cultural, que precede o XXI Festival Folclórico Internacional, coa proxección dun vídeo sobre as treboadas no Salón do CCR e entrada libre. O vídeo titúlase "De Porta en Porta" e é un documental sobre esta manifestación musical exclusiva do Baixo Miño e norte de Portugal. A película será presentada por Celso Díaz, integrante do equipo que realizou o filme.

Gondomar convoca oposicións para cubrir temporalmente a praza de arquitecto técnico.

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarO Concello de Gondomar procura cubrir unha praza de arquitecto técnico municipal mediante o sistema de oposición. A praza terá carácter interino para cubrir unha baixa laboral do titular. Os interesados poden descargar as bases no Boletín Oficial da Provincia do 18 de agosto de 2014. O prazo remata en 5 días.

O Centro Cultural de Peitieiros convoca a unha xornada de observación astronómica na Paraguda.

Correo-e Imprimir PDF

festival-observacion-astronomica-2Este martes 19 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha xornada de observación astronómica en Peitieiros no marco da Semana Cultural que celebra esta parroquia de Gondomar. O punto de encontro será no cruce entre as pistas da Paraguda, Camiño de San Xulian e pista do Aloia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL