Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Inscricións abertas para a Ruta Marítima do IEM: Baiona – Costa da Suavela coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-2Están abertas as inscricións para participar da Ruta Marítima do IEM Baiona – Costa da Suavela a desenvolverse o vindeiro mércores 20 de agosto, con saída ás 21:15 horas. A ruta contará coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, centrada nos postos de vixilancia, fachos, sentinelas e demais espazos que dende a antigüidade xogaron un papel estratéxico na defensa da costa galega. O prazo para anotarse vence este luns 18 de agosto ás 22 horas. Pasos para inscribirse na Xeira Marítima :

Peitieiros presenta a Semana Cultural e o XXI Festival Folclórico Internacional

Correo-e Imprimir PDF

semana peitieiroO vindeiro sábado 23 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXI Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o martes 19.

Actuación do grupo Voces del Más Acá hoxe en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Voces del Más AcáVoces del Más Acá actuarán en Gondomar este fin de semana.

A agrupación xorde a comezos do ano 2009, no conservatorio profesional de música de Salamanca co obxectivo de participar nun coro dun xeito diferente ao que estaban acostumados.

Trampoline presenta o seu último disco “Motivations” este venres na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

TrampolineO trío integrado por David Tizón (voz e guitarra acústica), Marcos Rivera (guitarras, baixo e voz) e Iago Fernández (batería e percusión) presentarase en O Cafeciño (Damas Apostólicas 19 A Ramallosa) o próximo vernes dia 15 ás 22:00 horas. No concerto presentará o seu primeiro álbum Motivations, autoproducido en 2013. A banda Trampoline ofrecerá un recital acústico con temas enraizados en sons americanos e melodías británicas.

Peitieiros celebran este venres a Festa do Lombo do Roxás para os asociados e comuneiros

Correo-e Imprimir PDF

Este venres 15 de agosto o Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Peitieiros organizan conxuntamente a festa da veciñanza de Peitieiros, denominada "Lombo do Roxás". Esta festa vénse celebrando conxuntamente desde hai case unha década, facendo confluír a Festa da/o socia/o e a Festa da/o comuneira/o que cada entidade celebraba por separado.

Os coidados do corazón centrará a conferencia do Dr. Diéguez na Capitanía Marítima de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves 14 de agosto ás 20:30 horas terá lugar unha nova conferencia no ciclo organizado na Capitanía Marítima de Baiona. Nesta ocasión o Prof. Dr. Godofredo Diéguez, catedrático emérito de fisioloxía da Universidad Autónoma de Madrid presentará o coloquio “¿Cómo podemos cuidar nuestro corazón?”.   

“Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

moncho iglesiasO vindeiro xoves 14 de agosto ás 20:30 o profesor  Moncho Iglesias Míguez,  da Universidade An‐Najah, en Nablus, Palestina, desenvolverá un faladoiro baixo o título “Palestina: a terra das laranxas tristes”, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo Gondomar). 

Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.

Correo-e Imprimir PDF

parada-webEste mércores 13 de agosto terá lugar unha visita do Instituto de Estudos Miñoranos ao legado medieval na parroquia de Parada e centrada na figura de Sueiro Iáñez. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo – Gondomar), e contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome. A participación é gratuíta e non require inscrición previa.

Nigrán non investiu todo o seu orzamento para a creación de emprego, pese a ter 1700 persoas no paro.

Correo-e Imprimir PDF

oficina emprego baionaNigrán pechou o 2013 con máis de 1.700 persoas en paro, sen embargo o goberno local só gastou 19.618,57€, dos 35.000€ que dispoñía na partida para “Fomento do Emprego” dese ano. A falla de traballo que afecta a máis do 15% da poboación activa de Nigrán foi deste xeito deficientemente xestionada pola administración popular segundo o edil Fernández Comesaña (UCN), quen revela estes datos , ao deixar de investir máis de 15 mil euros en cursos de orientación na procura de emprego.  

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL