Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.

Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.

Correo-e Imprimir PDF
parada-web
Download this file (Folleto Xeira Parada na Idade Media.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Este mércores 13 de agosto terá lugar unha visita do Instituto de Estudos Miñoranos ao legado medieval na parroquia de Parada e centrada na figura de Sueiro Iáñez. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10, baixo – Gondomar), e contará coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome. A participación é gratuíta e non require inscrición previa.

A xeira percorrerá o Monte Castelo, con especial atención ao espazo que ocupaba o castelo de Santa Helena. Seguirá pola igrexa de Santiago de Parada, cuxa arquitectura remóntase ao románico final datada en 1182. Posteriormente visitarase a Casa de Parada, lugar onde atopábase a residencia de Sueiro Iáñez , nomeado Cabaleiro por Pedro I. Finalizarase no Cruceiro de Parada, o máis antigo dos datados no Val Miñor (século XVI).
O percorrido terá como fío principal a figura de Sueiro Iáñez de Parada. Personaxe crucial durante os conflitivos anos da guerra entre Pedro I "O Cruel" e Henrique II Trastámara (1366-1369), enfrontamento armado que en Galicia se prolongou durante dúas decisivas décadas (1366-1387). Señor do castelo de Parada, das fortalezas de Romai, da vila da Guarda, da Vilavella de Redondela, de Entenza, de Bouzas, Coruxo, Bembrive e outras xurisdicións e polo tanto un dos máis poderosos cabaleiros destas terras de Turonio.