Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O lume da tradición porá en escena á III Xuntanza Folclórica de Mañufe este sábado.

O lume da tradición porá en escena á III Xuntanza Folclórica de Mañufe este sábado.

Correo-e Imprimir PDF
phoca thumb l iem pazos-001

Co meniño atento que mira dende o campanario da capela de San Vicente, o arrecendo dos petiscos e bocadillos que preparará o centro cultural e cós muros centenarios do Pazo da Escola como tela de fondo, os conxuntos tradicionais das parroquias de Vincios, Pinzás, Chaín e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á III Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de percusión Pelepau. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 20:30 horas do vindeiro sábado 5 de xullo.

Xunto cos Romanteleiros de Mañufe, actuarán o Grupo de Música Tradicional do Centro Cultural de Vincios, o Grupo Infantil Airiños Novos de Pinzás, o Grupo de Gaita e Baile do Centro Cultural A Merced de Chaín e o Grupo Balcón do Val Miñor de Morgadáns. A forza dos tambores do Grupo de Percusión Pelepau porá o toque bravo que anime a bailar. Para recobrar folgos a comisión preparará pinchos e bocadillos a prezos populares.