Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Fin de semana en Chaín: Teatro, música, contacontos e unha noite de terror no pantano

Fin de semana en Chaín: Teatro, música, contacontos e unha noite de terror no pantano

Correo-e Imprimir PDF
paula carballeira

A Festa do Socio que organiza todos os anos o Centro Cultural A Merced de Chaín propón unha das carteleiras máis sedutoras cara a próxima fin de semana. A noite do sábado inaugura o programa cunha actuación da compañía FULANO, MENGANGO E CITANO. O domingo pola mañá terá lugar unha comida de fraternidade amenizada polo Coro da Unión Musical de Vincios. Na noitiña, dúas sesións de contacontos coa artista Paula Carballeira. A primeira para todo público no local do centro e xa con noite de lúa chea,  unha experiencia para adultos cos “Contos de medo no pantano de Chaín”.

Sábado: “Viva a crise”

O sábado día 12, ás 10 da noite a compañía de teatro FULANO, MENGANO E CITANO presenta a obra "Viva a crise",  humor en pequenas pezas inconexas que teñen a crise económica como fío condutor

Domingo na mañá: Música e xantar.

O domingo dia 13, ás 12 da mañá actuación do Coro da Unión Musical de Vincios e a partir das 13 horas, comida de confraternidade.

Domingo na noitiña: Dúas sesións  de contacontos con Paula Carballeira

Pola notiña a actriz Paula Carballeira visitará o Centro Cultural de Chaín  dando conta das súas fantásticas dotes narrativas nun contacontos moi especial. O contacontos en Chaín terá lugar en dúas sesións: a primeira ás 20:00 no auditorio do Centro Cultural, para tódolos públicos e a segunda sesión ás 22.30 no pantano de Chaín: Contos de medo, recomendado para adultos.

Contos de terror no pantano de Chaín

O camiño ó pantano estará indicado dende o Centro Cultural, se partirá andando ás 21:45. A organización aconsella  levar calzado e roupa cómodos e lanterna para o camiño de volta. As persoas con mobilidade reducida, exclusivamente, disporán de desprazamento. A organización aconsella, no caso de ter que levar o coche, deixalo no campo de fútbol. Por motivos de seguridade e para procurar manter o silencio da noite, non se permitirá o acceso de coches ó pantano