Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM abre inscricións para unha visita en barco á Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar.

O IEM abre inscricións para unha visita en barco á Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF
barco-baiona-2

A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ao mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo.  O punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe haberá espazo para falar da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Tamén de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.  A xeira contará coa guía do arqueólogo e fillo de Baiona,  Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

Pasos para inscribirse na Xeira Marítima do mércores 9 de xullo.

Para asistir á Ruta marítima pola Ría Baiona é preciso:

1)Abonar previamente a viaxe na conta do IEM 2080.5035.07.3040014164, de ABANCA  (ex Novagalicia Banco).  Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar  “BARCO 09/07” no “Concepto”.

2) Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída do barco ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas.

3) Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM. Deixar un teléfono de contacto

Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos

Público en xeral : 12 euros.

Socios do IEM: 10 euros.

Menores de 12 anos: 10 euros

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

Lembramos que a Xeira marítima terá lugar o día mércores 9 de xullo e o punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.