Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Durante todo o martes, inscripcións abertas para participar da ruta marítima do IEM por Baiona.

Durante todo o martes, inscripcións abertas para participar da ruta marítima do IEM por Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
barco-baiona

Debido á gran demanda de reservas acadadas, o Instituto de Estudos Miñoranos estende durante todo o día martes 8 de xullo o prazo para inscribirse na Ruta Marítima pola Ría de Baiona que coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, partirá do porto da vila este mércores 9 ás 21:15 horas. Os interesados deben depositar o facer unha transferencia á conta do IEM en ABANCA (ex Novagalicia Banco) Nº 2080.5035.07.3040014164. Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar "BARCO 09/07" no "Concepto". O abono deberá ser confirmado o mesmo martes ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986360575 no horario de 9 a 13 horas e de 18 a 22 horas. Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM e deixar un teléfono de contacto
Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

Prezos
Público en xeral : 12 euros.
Socios do IEM: 10 euros.
Menores de 12 anos: 10 euros