Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

#jazz Felipe Villar Trío presenta o seu primeiro traballo musical "Home" en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Felipe Villar TrioO guitarrista nigranés Felipe Villar presenta o seu primeiro disco coma lider, "Home" en Nigrán, a vila que o veu medrar. O disco, totalmente autoproducido gravouse no estudio da sua casa en formato de trío, acompañado de Jose Manuel Díaz no contrabaixo e Max Gómez na batería.

A cita, este venres 20 de xuño ás 20:30h no Auditorio do novo edificio do concello de Nigrán

 

Entrada gratuíta

Ciclo de cine ao aire libre “Día Mundial do Medio Ambiente” na Praza Escolas Vellas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

CONCELLO-CARTEL-DIA-MEDIO-AA Asociación A Groba confirma a celebración do Día Munidal do Medio Ambiente para os días venres 13 e sábado 14 na Praza Escolas Vellas diante do Centro de Saúde de Gondomar.  Terán lugar pases de filmes que abordan diversos aspectos das problemáticas ecolóxicas e ambientais no país e no planeta. Todos darán comezo ás 22 horas.

Inscricións abertas para participar dunha andaina polas ribeiras dos ríos Amados, Rasas e Morgadáns .

Correo-e Imprimir PDF

ponte-gonda-morgadansO Pavillón de Deportes de Gondomar abre inscricións para participar da III Andaina Saudable que organiza a Concellaría de Deportes local. Os que se anoten poderán participar dunha ruta de case 19 quilómetros que partirá o vindeiro domingo ás 9 horas do pavillón cara a visitar as ribeiras dos ríos Amados, Rasas e Morgadáns, e permitirá coñecer máxicos recunchos así como gozar de fermosas vistas das parroquias de Gondomar, Couso, Peitieiros, Morgadáns e Chaín.

Isabel Blanco-Rivas presentará este xoves o seu novo libro, “Los mundos ajenos”, na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

10245577 295166943985692 2940510564599127061 nIsabel Blanco-Rivas, escritora e avogada viguesa presentará este xoves 12 de xuño ás 20:30 horas , na libraría Libraida de Gondomar o seu segundo libro de relatos, titulado Los mundos ajenos. Unha obra que afonda nas emocións, sentimentos e vivencias das persoas con capacidades diferentes. Publicado por Belagua Ediciones, o libro está prologado por María Dolores Rodríguez Araújo, vicepresidenta da Fundación Magar. No acto intervirá Alicia Cedeira Rodríguez , directora do Centro Juan María de Educación Especial de (Parada), xunto coa autora.

Couso convida a desgustar tapas a 1€ todos os fines de semana de xuño no entorno do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

galinheirodendecousoCase nos cumios do Galiñeiro e con vistas panorámicas cara ao val e a Groba pódese desgustar todos os fines de semana de xuño tapas a 1€. Para elo basta con achegarse ata a casa veciñal da parroquia de San Cristovo de Couso onde a comisión de festas local será a encargada de atender aos visitantes. O lugar convida logo de desgustar da gastronomía, a dar un fermoso paseo por algunha das rutas arqueolóxicas ou entográficas que os comuñeiros do lugar manteñen perfectamente mantidas e sinalizadas para goce dos visitantes. Aqueles que se acheguen ao convite tamén participarán dun sorteo por un cheque valor 300 euros para o que se entregará unha rifa por cada tapa consumida.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL