Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Couso convida a desgustar tapas a 1€ todos os fines de semana de xuño no entorno do Galiñeiro.

Couso convida a desgustar tapas a 1€ todos os fines de semana de xuño no entorno do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
galinheirodendecouso

Case nos cumios do Galiñeiro e con vistas panorámicas cara ao val e a Groba pódese desgustar todos os fines de semana de xuño tapas a 1€. Para elo basta con achegarse ata a casa veciñal da parroquia de San Cristovo de Couso onde a comisión de festas local será a encargada de atender aos visitantes. O lugar convida logo de desgustar da gastronomía, a dar un fermoso paseo por algunha das rutas arqueolóxicas ou entográficas que os comuñeiros do lugar manteñen perfectamente mantidas e sinalizadas para goce dos visitantes. Aqueles que se acheguen ao convite tamén participarán dun sorteo por un cheque valor 300 euros para o que se entregará unha rifa por cada tapa consumida.

Menú de tapas do mes de xuño
7-8 - Callos
14-15 - Zorza
21-22 - Orella
28-29 - Tapa sorpresa