Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Teatro no Centro Cultural A Merced de Chaín #LetrasGalegas2014

Correo-e Imprimir PDF

aloia teatroO Centro Cultural A Merced, de Chaín ven de organizar unha serie de eventos para a fin de semana, con motivo da celebración das letras galegas.

O sábado 17 de maio, as 9 da noite, no auditorio do Centro Cultural de Chaín o grupo Aloia teatro (de Tui) representará a obra " A idade do pavosaurio".

Entrada de balde ata completar aforo.

Intercambio literario e espectáculo artístico en Borreiros. #LetrasGalegas2014

Correo-e Imprimir PDF

Barrios-de-Borreiros-O-ChaA partir das 18 horas do sábado 17 de maio a AA de VV de San Martiño de Borreiros porá en escena un espectáculo artístico no marco dos festexos do Día das Letras. O acto contará coa participación da Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas, o grupo de gaitas e as pandereteiras Do Sobreiro. A organización convida a participar dun intercambio literario entre os asistentes : "Trae o teu libro e leva outro".

Nova xornada de teatro e música no Festival de teatro Ponte...na escena

Correo-e Imprimir PDF

Bocaccione Foto OllomolA compañía Bocaccione enganchou cunha proposta moi contemporánea a un público sorprendido e entregado ao disfrute do sotaque brasileiro.

Un Foro Aberto do teatro, Qualquer coisa a gente inventa, ZÉ DO PITO O MATA 7, AMNÉSIS e a cantante JU son as propostas para esta xornada

Fin de semana a todo motor en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

moterasO concello acollerá dous eventos relacionados co mundo do motor, a IV Xuntanza Moteira "A vinte uñas" e a VIII Concentración de Vehículos Clásicos do Val Miñor.
Fin de semana do motor
O mundo do motor será un fin de semana máis o protagonista da axenda de lecer municipal, coa celebración de dous grandes eventos para os afeccionados ás motos e aos coches clásicos. A asociación "A 20 uñas" celebra o sábado a IV Xuntanza Moteira Concello de Nigrán, organizada tamén coa colaboración da Asociación Cultural das Angustias.
A xornada, aberta a todos aquel que queira participar, comezará ás 10.30 horas no Torreiro de Festa das Angustias, e prolongarase ao longo de todo o día. Realizaranse dúas rutas, unha de mañá e outra de tarde, e ofrecerase ao público asistente unha exhibición de minimotos coa firma da Escola Jorge Lorenzo, de Pontevedra, así como churrasco para xantar e un concerto pola noite.

O exeñerio Fernando Aguado achegará as novas do proxecto Xatcobeo nas TERTULIAS do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

fernando aguadoO vindeiro venres 9 de maio ás 20:30 horas, terá lugar nunha nova TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación do enxeñeiro Fernando Aguado Agelet, coordinador do Proxecto aeroespacial  Xatcobeo. No faladoiro que pechará o ciclo 2013-2014 das TERTULIAS, Aguado compartirá a súa experiencia ao fronte deste traballo desenvolvido pola Universidade de Vigo en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. A presentación da TERTULIA estará a cargo do profesor Xosé Antonio Vilán Vilán. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL