Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O exeñerio Fernando Aguado achegará as novas do proxecto Xatcobeo nas TERTULIAS do IEM.

O exeñerio Fernando Aguado achegará as novas do proxecto Xatcobeo nas TERTULIAS do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
fernando aguado

O vindeiro venres 9 de maio ás 20:30 horas, terá lugar nunha nova TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación do enxeñeiro Fernando Aguado Agelet, coordinador do Proxecto aeroespacial  Xatcobeo. No faladoiro que pechará o ciclo 2013-2014 das TERTULIAS, Aguado compartirá a súa experiencia ao fronte deste traballo desenvolvido pola Universidade de Vigo en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. A presentación da TERTULIA estará a cargo do profesor Xosé Antonio Vilán Vilán. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

O proxecto Xatcobeo

O proxecto Xatcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, é un satélite da clase CubeSat desenvolvido por un equipo de varios departamentos da Universidade de Vigo liderado por Fernando Aguado en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante un foguete VEGA desde o centro espacial de Kourou (Güiana Francesa).

A súa  misión é poñer en órbita dúas cargas útiles e un mecanismo de despregue en un satélite Cubesat 1U. O sistema foi deseñado por estudantes da Universidade de Vigo. No Xatcobeo participaron 5 grupos de investigación. Tres de enxeñería de Telecomunicacións, dous de enxeñería industrial e un de enxeñería de software e mais os especialistas do INTA. En total participaron máis de 60 alumnos universitarios, 15 enxeñeiros contratados de forma estable e 32 investigadores de diferentes campus da Universidade de Vigo.

Esta experiencia de traballo multidisciplinar e transversal obtivo resultados satisfactorios e estimula á creación dunha liña estratéxica de investigación e desenvolvemento neste eido por parte da U de Vigo.

Misión: Demostrador Tecnolóxico

A misión é un proxecto demostrador  que consta en pór en órbita un satélite con dous experimentos e un mecanismo de despregue: a) unha radio software totalmente  reconfigurable (SRAD)  en voo desde unha base en Vigo. b) Un sistema de medicións da radiación dos aneis de van Allen  que permitirá construír un mapa da actividade solar dende 300 a 1440 kms. c) Un mecanismo de despregue de paneis (PDM) que permitirá aumentar a cargas útiles nos satélites. Todo o deseño contempla a reabsorción do satélite cara o planeta sen deixar lixo espacial.