Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A compañía Xesta Vermella porá en escena “Doutor de cabeceira” este sábado na Casa Veciñal de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

xesta-vermellaA compañía Xesta Vermella (Borreiros) porá en escena Doutor de cabeceira. A peza teatral, autoría de Antonio Florencio Fortes González. A función terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo ás 21 horas na Casa Veciñal de Couso.
A compañía A Xesta Vermella destaca pola capacidade de espallar diversión e alegría dende o escenario. Está integrada por veciños de San Martiño de Borreiros no ámbito do seu centro cultural. A pouco de formarse presentaron o Doutor de cabeceira o pasado 7 de xuño cun cheo total das instalacións do CC Borreiros. Este sábado poderemos gozar da obra na Casa Veciñal de Couso

Nigrán súmase á estrea simultánea do filme documental "YO DECIDO, El tren de la libertad"

Correo-e Imprimir PDF

yodecidoNigrán súmase á estrea simultánea do filme documental "YO DECIDO, El tren de la libertad".

En febreiro de 2014, máis de 80 cineastas de toda España uníronse para levar a cabo un documental colectivo sobre O tren da Liberdade: a marcha que miles de persoas realizaron desde todos os recunchos do país, até Madrid, para manifestarse e esixir que se manteña vixente a actual lei do aborto. Daquela iniciativa xurdiu o filme que se presenta hoxe ás 20:30 na sede do PSOE de Nigrán.

Este mércores ás 21 horas terá lugar o festival solidario de Sabarís: “Operación Kilo”

Correo-e Imprimir PDF

ce orquesta pantasmaHoxe mércores ás 21:00 horas, a Asociación Castro e Ladeira de Sabarís, organiza o festival solidario "Operación Kilo" . O mesmo desenvolverase no mercado de Sabarís coa actuación de Pepe Capellan, o Pallaso Popin, Benito Lobariñas e Josiño da Teixaira e a Orquestra Pantasma. A entrada consiste na achega de alimentos non perecedoiros.

Fin de semana en Chaín: Teatro, música, contacontos e unha noite de terror no pantano

Correo-e Imprimir PDF

paula carballeiraA Festa do Socio que organiza todos os anos o Centro Cultural A Merced de Chaín propón unha das carteleiras máis sedutoras cara a próxima fin de semana. A noite do sábado inaugura o programa cunha actuación da compañía FULANO, MENGANGO E CITANO. O domingo pola mañá terá lugar unha comida de fraternidade amenizada polo Coro da Unión Musical de Vincios. Na noitiña, dúas sesións de contacontos coa artista Paula Carballeira. A primeira para todo público no local do centro e xa con noite de lúa chea,  unha experiencia para adultos cos “Contos de medo no pantano de Chaín”.

Durante todo o martes, inscripcións abertas para participar da ruta marítima do IEM por Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baionaDebido á gran demanda de reservas acadadas, o Instituto de Estudos Miñoranos estende durante todo o día martes 8 de xullo o prazo para inscribirse na Ruta Marítima pola Ría de Baiona que coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar, partirá do porto da vila este mércores 9 ás 21:15 horas. Os interesados deben depositar o facer unha transferencia á conta do IEM en ABANCA (ex Novagalicia Banco) Nº 2080.5035.07.3040014164. Importante: ao facer a transferencia ou depósito débese colocar "BARCO 09/07" no "Concepto". O abono deberá ser confirmado o mesmo martes ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986360575 no horario de 9 a 13 horas e de 18 a 22 horas. Ao confirmar xa sexa por correo electrónico ou por teléfono, deberá darse o nome completo de todos os viaxeiros polos que se pagou. Indicar se algún é menor de 12 anos ou socio do IEM e deixar un teléfono de contacto
Importante: Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra con estas condicións.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL