Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Estréase este venres no IEM a curta documental AUGA, TERRA, AIRE… (A BOLSA), de Pablo Casal.

Correo-e Imprimir PDF

docu-pabloEste venres 23 de maio ás 20:30 horas terá lugar a estrea da curta documental AUGA, TERRA, AIRE... (A BOLSA), dirixida por Pablo Casal e realizada por Ollomol Audiovisual. O acto contará coa presenza de Pablo Banga (fotografía e edición) e Pablo Casal (guión e dirección) e será presentado por Pedro Telmo Rodríguez, publicista e director do Valminor.info.

Casting aberto en Vigo para para participar no rodaxe de nova película de Luís Tosar “El desconocido”.

Correo-e Imprimir PDF

el desconocido-tosarA produtora Vaca Films está na procura de crianzas de entre 9 e 10 anos así como mozas e mozos de 13 a 15 para o rodaxe da película "El desconocido" que protagonizará o lugués, Luís Tosar. As probas terán lugar en Vigo os días venres 23 e sábado 24 de maio, na rúa Cánovas del Castillo, 3, na Estación Marítima da Ría (local 2). O día venres no horario de 16:30 a 20:30 horas. O día sábado de 10:30 a 14:30 e de 16 a 20 horas.

50 rapaces do Conservatorio de Música de Gondomar presentarán tangos e obras de Rosalía en Cangas.

Correo-e Imprimir PDF

intercambioA Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, que dirixe Paula Bouzós, en colaboración cos pais, nais e equipos directivos dos Conservatorios "Elemental de Música de Gondomar" e "Profesional de Música de Cangas" organizan un intercambio cultural que se verá materializado con dous concertos, de entrada libre, que terán lugar mañá mércores 21 de maio en Cangas e o mércores 4 de xuño en Gondomar. Ámbolos dous ás 19.00 horas.
Neste intercambio actuarán, por parte de Gondomar: a "Orquestra e Coro", e por parte do de Cangas: o "Gupo de clarinetes" e a "Orquestra de corda".

Pasarrúas e tres escenarios simultáneos na XXII edición do Festival Folclórico Facendo Amigos.

Correo-e Imprimir PDF

facendamigosO domingo 18, a partir das 11:15 seis grupos folclóricos cun total de 120 participantes percorrerán as rúas Eduardo Iglesias, Elduayen e Avda. Conde de Gondomar ata a praza do Concello, onde terá lugar a presentación da XXII edición do Festival Folclórico Facendo Amigos, que por vez primeira ten lugar no casco urbano de Gondomar. Acto seguido as agrupacións concentraranse nas rúas Ánimas, Praza do Centro de de Saúde e Rosalía de Castro para actuar nos tres escenarios ó mesmo tempo.

#LetrasGalegas2014: Mostra de máis de 300 libros escolares antigos en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O goberno municipal inaugurou hoxe a I Exposición de Libros Escolares Antigos coa que celebra o Día das Letras Galegas, unha mostra composta por máis de 300 exemplares orixinais dos anos 20, 30, 40, 50 e 60 do século XX, cortesía un ano máis do bibliófilo Francisco Vidal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL