Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda 50 rapaces do Conservatorio de Música de Gondomar presentarán tangos e obras de Rosalía en Cangas.

50 rapaces do Conservatorio de Música de Gondomar presentarán tangos e obras de Rosalía en Cangas.

Correo-e Imprimir PDF
intercambio

A Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, que dirixe Paula Bouzós, en colaboración cos pais, nais e equipos directivos dos Conservatorios "Elemental de Música de Gondomar" e "Profesional de Música de Cangas" organizan un intercambio cultural que se verá materializado con dous concertos, de entrada libre, que terán lugar mañá mércores 21 de maio en Cangas e o mércores 4 de xuño en Gondomar. Ámbolos dous ás 19.00 horas.
Neste intercambio actuarán, por parte de Gondomar: a "Orquestra e Coro", e por parte do de Cangas: o "Gupo de clarinetes" e a "Orquestra de corda".

Os 50 alumnos do Conservatorio de Gondomar con idades comprendidas entre os oito e catorce anos interpretarán diferentes pezas para Orquestra soa como o tango "A Cumparsita" e varias acompañadas do Coro tales coma: "Falares de amor"; "Como chove miudiño" con letra da poetisa galega Rosalía de Castro.
O evento rematará cunha interpretación conxunta das agrupacións de ámbolos dous Conservatorios.