Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Xoves á noite en Gondomar: Alberto Conde e Shakir Khan con HE- Human Evolution Music Project

Correo-e Imprimir PDF

heAlberto Conde e Shakir Khan visitarán este xoves Gondomar co seu traballo HE- Human Evolution Music Project, un proxecto que constrúe unha narrativa dos sons da evolución humana. A cita será na Alameda de Gondomar, a partir das 22.30 horas.

O que non queira música en portAmérica, 24 tapas con estrelas Michelín

Correo-e Imprimir PDF

Programa gastronómico de portAméricaportAmérica desvelou onte o seu cartel gastronómico liderado polo cociñeiro galego, estrela Michelín, Pepe Solla.

PortAmérica Rías Baixas volve acoller durante as súas tres xornadas, xunto a Hijos de Rivera, a fusión perfecta entre ritmo e cociña: un "Co-cooking Showrocking" a cargo de 12 chefs internacionais con 8 Estrelas Michelin e ampla representación galega que, comisionados por Pepe Solla farán gozar aos asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o Festival.

Off América Patos encherá o paréntese musical do festival PortAmérica.

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz OffAmericaDende o próximo sábado 19 de xullo dende as 11 da mañá en Patos os amantes da música "indie, rock e electrónica" teñen unha nova cita con Sons Vigroove na terraza do Beach Patos.

Segundo os organizadores "#OFFAmerica nace co unico propósito de encher un baleiro musical durante o Festival Portamérica desde as 11:00 da mañá e até as 22:30, dando aos asistentes do Festival Portamerica e a todo o público local unha oportunidade única de poder gozar da musica nunha contorna única como é a praia de Patos onde poderán descansar das xornadas anteriores do Festival e ademais de coller forzas de cara á última xornada do Sabado. "

Nova Xeira do IEM dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes na parroquia de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

pazo-da-escolaEste xoves 17 de xullo terá lugar unha ruta dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes, no marco das Xeiras do IEM. O punto de encontro será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar, ás 17:30 horas. Coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome, visitarase antigos camiños, construcións senlleiras civís e relixiosas localizadas na parroquia de Mañufe, aínda tamén na veciña Vilariño en territorio de Nigrán. Para participar só é necesario estar no punto de encontro sinalado ás 17:30 horas, sen inscrición previa.

O domingo dende as 10 da mañá sardiñada no Montecastelo de Parada.

Correo-e Imprimir PDF

Sardinada2A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana 2013/2014 organiza unha Sardiñada en Montecastelo, Parada. Haberá sardiñas, pan, vino, e moita diversión a partires das 10:00 horas da mañá. A festa estará amenizada polo Grupo de Gaitas e Baile do C. R. C. O Torreiro de Priegue.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL