Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xoves á noite en Gondomar: Alberto Conde e Shakir Khan con HE- Human Evolution Music Project

Xoves á noite en Gondomar: Alberto Conde e Shakir Khan con HE- Human Evolution Music Project

Correo-e Imprimir PDF
he

Alberto Conde e Shakir Khan visitarán este xoves Gondomar co seu traballo HE- Human Evolution Music Project, un proxecto que constrúe unha narrativa dos sons da evolución humana. A cita será na Alameda de Gondomar, a partir das 22.30 horas.


O concerto, enmarcado dentro da programación cultural do Concello para este verán, achegaranos aos sons jazz fusionados, de xeito innovador, coa música hindú. "Human Evolution Music Project é un disco pioneiro na fusión do jazz europeo coa música tradicional hindú", apunta Alberto Conde e engade "este é o primeiro disco na historia do jazz no que o piano interactuar co sitar de xeito claro, evidente e obxectivo".
Alberto Conde e Shakir Khan encabezan o concerto ao piano e sitar respectivamente. Acompáñanos Vikas Tripathi ás táboas; Xosé Miguélez, saxo tenor, gaita e frauta e B.O.U.L.E Dj como produtor musical. Ademais, neste concerto, contarán coa presenza como artista invitada da cantante cubana de jazz, Diana Tarín.