Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O que non queira música en portAmérica, 24 tapas con estrelas Michelín

O que non queira música en portAmérica, 24 tapas con estrelas Michelín

Correo-e Imprimir PDF
Programa gastronómico de portAmérica

portAmérica desvelou onte o seu cartel gastronómico liderado polo cociñeiro galego, estrela Michelín, Pepe Solla.

PortAmérica Rías Baixas volve acoller durante as súas tres xornadas, xunto a Hijos de Rivera, a fusión perfecta entre ritmo e cociña: un "Co-cooking Showrocking" a cargo de 12 chefs internacionais con 8 Estrelas Michelin e ampla representación galega que, comisionados por Pepe Solla farán gozar aos asistentes con petiscos únicos creados especialmente para o Festival.

 

Todo iso man a man con 24 estudantes de escolas de hostalaría galegas que vivirán unha oportunidade única de aprender á beira de grandes figuras grazas ao Programa Co-cooking de Hijos de Rivera.

Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta), Beatriz Sotelo (A Estación), o panameño Mario Castrellón (Fume/Maito, Panamá), Alberto González (Silabario Tui), Xosé Cannas (Camiño dá Serpe), Javier Oleiros (Culler de Pau), Héctor López (España), Lucía Freitas (A Tafona), Diego López (A Molinera), Iago Pazos (Abastos 2.0), o mexicano Roberto Ruiz (Punto MX) e o peruano Estanis Carenzo (Chifa) únense este ano para ofrecer aos asistentes ao Festival PortAmérica Rías Baixas toda unha experiencia gastronómica de alta cociña.

Os petiscos, que se poderán degustar a un prezo de 2€ a unidade, serviranse a partir das 19.00 h.  até fin de existencias.

Xoves:

Lucía Freitas (A Tafona):
Bonito de Burela, tomate e anacardo
Ravioli de boi de mar

Estanis Carenzo, Arxentina (Chifa):
Bocadillo de lingua con vinagreta chinesa
Empanadilla frita de polo con cuilacoche e chile fermentado

Beatriz Sotelo (A Estación):
Empanada tradicional
Ensalada de bogavante con cítricos

Héctor López (España):
Tataky de tenreira loura galega con pesto de San Simón
Sardiña de San Juan

VENRES

Diego López (A Molinera):
Sope de cocido de Lalín.
Tomate negro, salgaduras e mentolados.

Roberto Ruiz, México (Punto Mx):
Sope de cochinita
Sope de frijol e tomatillo verde

Alberto González (Silabario):
Ensaladilla rusa 2.011
Lura grande de verán, aderezo oriental e molleja

Javier Oleiros (Culler de Pau):
Encurtidos con tomate aderezado e peixe lañado
Mollo vexetal: mar e horta

SÁBADO

Iago Pazos (Abastos 2.0):
Mexillón & Roll
Froitas 2.0

Mario Castrellón, Panamá (Maito/Fume)
Carimañola de polbo-pana galego
Chipirrón

Yayo Daporta (Yayo Daporta):
Bocadillo de lura e touciño entrefebrado
Tosta de polbo

Xosé Cannas (Camiño dá Serpe):
Nabo-teto.
Melón picante e graso