Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Miguel Font Rossel achegará un coloquio sobre a democracia na Capitanía Marítima de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Este xoves 24 de xullo ás 20:30 horas continúa o ciclo de conferencias na Capitanía de Baiona que organiza o profesor Antonio Piñeiro. Nesta ocasión contarase coa participación de Miguel Font Rossell, mariño mercante, licenciado en dereito e xornalista que brindará a conferencia "La democracia, un fenómeno insólito".

Durante tres días desenvolverase a IV Semana Cultural de Parada

Correo-e Imprimir PDF

O Centro cultural e Recreativo Parada do Miñor de Nigrán está a organizar a súa IV Semana Cultural, co seguinte programa:

Proxección de dous documentais miñoranos no Rañolas Café de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

aireEste martes 22 de xullo a partir das 22 horas terá lugar a proxección da curtametraxe Auga, Terra ... Aire (A Bolsa), dirixida por Pablo Casal e producida por Ollomol Audiovisual. Deseguido, a reportaxe audiovisual Mestura, sobre as vivencias e actividades da Asociación de Artesáns do Val Miñor.

Mostra aberta das agrupacións artísticas de Chaín no Centro Cultural A Merced na tarde do sábado.

Correo-e Imprimir PDF

son do valEste sábado, a partir das 8 da tarde o Centro Cultural de Chaín ofrece unha exhibición de música e danzas froito do traballo de todo o ano levado a cabo pola Coral Polifónica, os grupos de baile e gaitas e o grupo de teatro A Moura, todos eles da asociación. Como colofón, a partir das 11 da noite o grupo de cordas Son do Val ofrecerá un espectacular concerto ó aire libre (se chove se trasladará o auditorio do Centro Cultural).

Inscricións abertas para a “Ruta de naufraxios polo mar de Cíes” coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-2A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco pola ruta de naufraxios polo mar de Cíes, que terá lugar o mércores 23 de xullo. Partirase do Porto de Baiona ás 21:15 horas cara ás Illas Cíes.  Na viaxe falarase da historia deses barcos que naufragaron ea súa pegada na talasonimia e a vida dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da zona. Contarase coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detállase  a continuación:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL