Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

O IEM abre inscricións para unha visita en barco á Ría de Baiona coa guía de Xosé Lois Vilar.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-2A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ao mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo.  O punto de encontro será no porto de Baiona ás 21:15 horas.  Na viaxe haberá espazo para falar da historia da nosa ría e a talasonimia dos mariñeiros, percebeiros, argaceiras da costa miñorana. Tamén de naufraxios,  de faros, de balizas, de illas, illotes, gamelas, artes de pesca, marcas en terra... e do fondo de area, de cuncha, de pedra e do sebeiro que o apalpou.  A xeira contará coa guía do arqueólogo e fillo de Baiona,  Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos a continuación.

O lume da tradición porá en escena á III Xuntanza Folclórica de Mañufe este sábado.

Correo-e Imprimir PDF

phoca thumb l iem pazos-001Co meniño atento que mira dende o campanario da capela de San Vicente, o arrecendo dos petiscos e bocadillos que preparará o centro cultural e cós muros centenarios do Pazo da Escola como tela de fondo, os conxuntos tradicionais das parroquias de Vincios, Pinzás, Chaín e Morgadáns xunto cos Romanteleiros locais darán lume á III Xuntanza Folclórica de Mañufe. A festa contará tamén coa animación do grupo de percusión Pelepau. Organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe, a cita será a partir das 20:30 horas do vindeiro sábado 5 de xullo.

O IEM organiza unha Xeira pola Serra da Groba: Da Cruz de Pao ata A Chan do Cereixo

Correo-e Imprimir PDF

as xeiras do iemO Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), organiza este mércores 2 de xullo unha visita guiada Da Cruz de Pao ata A Chan do Cereixo, na Serra da Groba. A mesma é de carácter aberto a todo público e terá como punto de partida a Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira Nº10, Gondomar. Dende alí partirá un autobús que levará aos participantes -cun custe de 5 euros-, ata a Groba e finalizado o percorrido os trasladará novamente a Gondomar. Para maior goce da visita, o IEM disporá tres guías: o arqueólogo Xosé Lois Vilar, a profesora Pura González e o botánico Xosé Ramón García.

A Fogueira dos Versos, na noite de san Xoán, pecha a tempada 2013-2014 de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

02 Fogueira versosA noite do 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebrará, un ano máis, un san Xoán alternativo con A Fogueira dos Versos: unha festa na que se combina a celebración popular desta data (con comida e cacharela), co recitado de poemas a carón do lume e cun espectáculo cultural que este ano correrá a cargo de Luis Correa "Caruncho", quen, acompañado da súa zanfona, interpretará un repertorio de música tradicional.

O Colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros celebra o 25 aniversario

Correo-e Imprimir PDF

neira vilasEsta fin de semana o Colexio Neira Vilas cumpre 25 anos. As actividades comezan hoxe venres, ás 10.30 da noite, coa actuación do Grupo Bertorella, que representará a obra de teatro "O can de San Roque", unha adaptación do conto do mesmo nome de Victoriano Taibo. Mañá, sábado, ás 12 horas, charla-coloquio coa pedagoga Antía Cal e co escritor Xosé Neira Vilas, nun acto conxunto co Colexio Rural Agrupado, e na que os antigos alumnos dos dous colexios poderán falarán sobre as súas experiencias como alumnos, e reflexionarán sobre a evolución da vida escolar dende as escolas rurais ata a actualidade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL