Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Presentación no IEM da novela “O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte”.

Correo-e Imprimir PDF

 visd 0001JPG06T8PEste venres 30 de maio ás 20:30 horas será presentada a novela ilustrada O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte (Xerais, 2014) no Instituto de Estudos Miñoranos. O acto contará coa presenza dos autores, Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos.

O Campo das Cercas acollerá este venres a 320 crianzas nos Xogos Populares do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

gondonadal-2013Mañá, 30 de maio, os Equipos de Dinamización Lingüística do Val Miñor van celebrar unha Xornada de Xogos Populares no campo das Cercas, en Gondomar. Esta actividade comezará ás 10 da mañá, e participarán trece colexios de Nigrán, Baiona e Gondomar.

Teatro gratuíto en Chaín no Centro Cultural a Merced: “Paco Jones, detective privado”.

Correo-e Imprimir PDF

pacojonesO Centro Cultural a Merced de Chaín continúa co ciclo de teatro na parroquia coa obra Paco Jones, detective privado. posta en escena  será o vindeiro sábado 31 de maio ás 21 horas no centro cultural.  Trátase dunha representación a cargo do grupo de teatro do Centro Cultura Castro Barreiro (Salceda de Caselas), que promete risas e diversión “asegurada”. Proposta axeitada para concorrer con toda a familia e con entrada gratuíta.

A cooperativa Nornas Hostel festexa o 2º aniversario cun concurso de fotografías sobre o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

objetivo manoXa pasaron dous anos dende que abriu as súas portas Nornas, o primeiro hostel do Val Miñor. Durante estes dous anos teñen acontecido moitas cousas entre as paredes da casa na que se localiza esta cooperativa: obradoiros, feiras, magostos, música en directo, poesía, sorteos e moitas actividades máis.

Para celebrar que seguen “con forza”  lanzan un concurso a través da páxina de facebook, no que se elixirán as mellores fotos do Val Miñor. Sinalan que optouse por esta temática non solo por ser o Val Miñor a comarca na que “vive” Nornas, senón tamén por contar con infinidade de espazos por descubrir: Galiñeiro, Monte Tetón, Monteferro, as diferentes praias e moitos máis “que agardamos coñecer da man das concursantes”, salientan.

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza excursións a Carballiño e Praia das Catedrais.

Correo-e Imprimir PDF

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza dúas excursións. O vindeiro día 31/05/2014 co destino a Carballiño. Con saída as 08:30 do Centro cultural. O derradeiro día para anotarse é o 26/05/2014.
O vindeiro día 29/06/2014 será a Praia das Catedrais. Saída as 07:30 do centro cultural. O derradeiro día para anotarse e o 24/06/2014.
Mais información no teléfono 628986597. O numero mínimo de persoas è 50.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL