Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A cooperativa Nornas Hostel festexa o 2º aniversario cun concurso de fotografías sobre o Val Miñor

A cooperativa Nornas Hostel festexa o 2º aniversario cun concurso de fotografías sobre o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
objetivo mano

Xa pasaron dous anos dende que abriu as súas portas Nornas, o primeiro hostel do Val Miñor. Durante estes dous anos teñen acontecido moitas cousas entre as paredes da casa na que se localiza esta cooperativa: obradoiros, feiras, magostos, música en directo, poesía, sorteos e moitas actividades máis.

Para celebrar que seguen “con forza”  lanzan un concurso a través da páxina de facebook, no que se elixirán as mellores fotos do Val Miñor. Sinalan que optouse por esta temática non solo por ser o Val Miñor a comarca na que “vive” Nornas, senón tamén por contar con infinidade de espazos por descubrir: Galiñeiro, Monte Tetón, Monteferro, as diferentes praias e moitos máis “que agardamos coñecer da man das concursantes”, salientan.

Como participar?

Para participar existen dúas vías: os que teñan perfil na rede Facebook o poden mandar como mensaxe á páxina de Nornas. Os que non por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) en todos os casos dando o nome e especificando o lugar no que se tirou a foto. As imaxes poderán estar alteradas por medios dixitais.

Prazo e premio

O prazo para o envío das fotografías é ata o 15 de xuño, pero poderá votarse ata o 30 do mesmo mes. O premio será unha noite gratis para dúas persoas con almorzo incluído

Bases do concurso

Para consultar as bases completas solo hai que visitar o blog de actividades de Nornas ou o seu Facebook