Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Campo das Cercas acollerá este venres a 320 crianzas nos Xogos Populares do Val Miñor

O Campo das Cercas acollerá este venres a 320 crianzas nos Xogos Populares do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
gondonadal-2013

Mañá, 30 de maio, os Equipos de Dinamización Lingüística do Val Miñor van celebrar unha Xornada de Xogos Populares no campo das Cercas, en Gondomar. Esta actividade comezará ás 10 da mañá, e participarán trece colexios de Nigrán, Baiona e Gondomar.


Esta xornada forma parte dunha serie de actividades arredor da celebración das Letras Galegas. Nos Xogos populares participan só o alumnado de 4º, nun número aproximado de 320 nenos e nenas co seu profesorado respectivo. Practicarán 20 xogos tradicionais distintos, que van dende o trompo ata o pai, fillo e nai, pasando polo xoga da rá, a chave, os aros, os zancos e outros