Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Fin de semana a todo motor en Nigrán

Fin de semana a todo motor en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
moteras

O concello acollerá dous eventos relacionados co mundo do motor, a IV Xuntanza Moteira "A vinte uñas" e a VIII Concentración de Vehículos Clásicos do Val Miñor.
Fin de semana do motor
O mundo do motor será un fin de semana máis o protagonista da axenda de lecer municipal, coa celebración de dous grandes eventos para os afeccionados ás motos e aos coches clásicos. A asociación "A 20 uñas" celebra o sábado a IV Xuntanza Moteira Concello de Nigrán, organizada tamén coa colaboración da Asociación Cultural das Angustias.
A xornada, aberta a todos aquel que queira participar, comezará ás 10.30 horas no Torreiro de Festa das Angustias, e prolongarase ao longo de todo o día. Realizaranse dúas rutas, unha de mañá e outra de tarde, e ofrecerase ao público asistente unha exhibición de minimotos coa firma da Escola Jorge Lorenzo, de Pontevedra, así como churrasco para xantar e un concerto pola noite.


O domingo é a quenda dos coches clásicos da man da VIII Concentración de Coches Clásicos do Val Miñor, cuxa comitiva formada por un centenar de vehículos pasará por Nigrán contorna ás 13.00 horas. Os coches partirán de Gondomar, para percorrer distintos puntos da comarca, entre os que destacan Vilaza, Camos, Panxón, Praia América, A Ramallosa, Sabarís, Baiona e Oia, finalizando o percorrido no municipio de Oia, onde gozarán dunha comida no restaurante O Peñasco. As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición -cun custo de 25 euros por persoa- no teléfono 678 830 475.